FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E DE AXUDAS PARA O MATERIAL ESCOLAR
O prazo de presentación das solicitudes de participación no Fondo solidario de libros de texto e de axudas para o material escolar será do 21 de maio de 2024 ao 21 de xuño de 2024.
Infórmase que, o alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Este curso todos os cursos do ESO están incluídos en Edixgal.
Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar cando reúna os requisitos establecidos na orde.
Pódense presentar a través da Sede Electrónica da Xunta de Galicia (procedemento recomendado) ou na Secretaría do Instituto en horario de 9:00 a 14:00.
- Máis información na Aplicación FondoLibros.
- Modelos de impresos Anexos I e II
- Devolución de libros do curso 2023-2024: día 20 de xuño na Biblioteca no seguinte horario:
De 09:00 a 10:30 : 4º ESO
Só se entregan en Biblioteca os libros prestados pola Xunta, xestionados pola Secretaría do Centro.
Vales de material
Os vales de material xa asignados poderanse recoller na secretaría do centro
Os cheques entregaranse á persoa solicitante, tras comprobar DNI, ou persoa maior de idade que traia a autorización de recollida de documentos, disponible no enlace Impresos na sección Secretaría desta páxina.
Anexo | Tamaño |
---|---|
documentación axuda materials .pdf | 85.19 KB |