Skip to Content

CONCURSO DE SAMAÍN

O venres pasado entregamos os premios do concurso de Samaín organixado polo EDLG e a Biblioteca do centro. O xurado valorou o texto de terror elaborado polo alumnado xunto coa cabaza caracterizada que o acompañaba. Entregouse un premio na ESO a Lucía Piñeiro e outro en Bacharelato a David Alfaro. Parabéns!!

DÍA DAS ESCRITORAS

O pasado mes de outubro celebramos na Biblioteca o Día das Escritoras. Para iso, ademais de facer unha exposición dalgúns dos libros que temos escritos por mulleres, realizamos un xogo. A actividade consistía en relacionar escritoras de diferentes literaturas (Emilia Pardo Bazán, Jane Austen, Astrid Lindgren, Agatha Chistie,...) con datos da súa vida e obra. Noraboa a todos/as os/as gañadores/as!!

III CONCURSO DE DRONS NA AULA (2023)

Tres dos nosos alumnos e alumnas, veñen de gañar o Premio especial do Concello da Coruña ao centro mellor clasificado, no III concurso de Drons na aula, nesta edición do 2023.

Os premiados son:

-Martín Morrogh Bernard Pillado

-Sara García Dapena

-Antón Lorenzo Portela

 

PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS USA 2024/2025

Publicación no BOP das bases do PROGRAMA MUNICIPAL DE BOLSAS USA 2024/25, que teñen por obxecto posibilitar a estadía nos EEUU para cursar o equivalente a 1º de Bacharelato, ao alumnado que cumpla os seguintes requisitos: (arquivos adxuntos).

DIXITALWEEK 2023 3º ESO

Programa de Inmersión Lingüística en língua inglesa a través de actividades dixitais, Dixitalweek, dirixido ao alumnado de 3º da ESO durante o curso 2023/2024.

ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR!!!

MELLORES EXPEDIENTES ABAU 2023

Cinco dos mellores expedientes das ABAU 2023 son alumnas do noso centro. Parabéns polo voso esforzo e resultados.

ACTO STEMBACH

O xoves 15 de xuño tivo lugar no Paraninfo da UDC, o acto de entrega dos certificados de STEMBACH, entre os que se encontraban catro dos nosos alumnos. Parabéns a Erea, Yoel, Miguel Darío e Fernando.

 

 

ACTO DE GRADUACIÓN DE 2º DE BACH 2023

O pasado venres 26 de maio, no centro Ágora, o alumnado de 2º de bacharelato foi o auténtico protagonista. Celebrouse a Gala de graduación de fin de curso, collendo folgos para presentarse ás probas de ABAU. O acto consistiu en lectura de discursos por parte da directora María Gromaz de los Santos, dos delegados de grupo, actuacións musicais e entrega de diplomas e bandas conmemorativas.

 

II GALA CINEMA NA ESCOLA 2023

 

O pasado mércores 24 de maio celebrouse a II Gala de Cinema na Escola, no centro Ágora. Todo o alumnado da ESO participante no programa puido disfrutar da entrega de premios por categoría. O noso proxecto "O Coleccionista", realizado e protagonizado polos alumnos e alumnas de 2º da ESO A,  finalmente levou dous premios, o de mellor son e o premio do público, e algunha mención.

 

 

 

https://www.youtube.com/watch?v=NbSXiFNqLt8

BECAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS DE APOIO EDUCATIVOS

 

CURSO 2023/2024

 

 

PRAZO DE SOLICITUDE:

 

Do 8 de maio ao 20 de setembro

 

 

Toda a información en:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo

 

 

A presentación de solicitudes debe facerse a través da

Sede electrónica do Ministerio de Educación

e posteriormente entregala, xunto coa documentación pertinente, no Centro Educativo.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut