Skip to Content

V ENCONTRO DE COROS ESCOLARES

 

 

O pasado xoves 29 de febreiro o alumnado que cursa a materia de Coro e Técnica Vocal I e II pertencentes a 1º e 2º de Bacharelato, xunto co alumnado que conforma o Coro do IES Salvador de Madariaga asistiron ao V Encontro de Coros Escolares que se celebrou no auditorio do  Conservatorio Profesional da Coruña. Nesta actividade compartimos repertorio e escenario con outros centros educativos de diferentes áreas da provincia da Coruña. O noso centro presentou un repertorio de cinco temas de diferentes estilos que tiveron unha grande acollida polo público. Queremos felicitar ao noso alumnado pola calidade da súa interpretación e polo traballo realizado nas últimas semanas e agradecer tamén de maneira especial ao  alumnado debutante do Coro voluntario do Ies Salvador de Madariaga pola súa entrega e adicación.

Parabéns a todos !!!

Rosa Mª Rodríguez Rivas e Santiago Cañás Couselo ( Profesores de Música)

· Enlace á prensa:

https://www.laopinioncoruna.es/fotos/a-coruna-metro/2024/02/29/encuentro-coros-infantiles-conservatorio-musica-98823022.html

· Galería de fotos:

https://drive.google.com/drive/folders/1cRagyro7o5OiHYDOd5BZmI0_MJIIkn8V?usp=drive_link

· Vídeos:

https://drive.google.com/file/d/1TyvH7F8rKFqBLTc4Jt0mp9H6FQKUQsVm/view?usp=drive_link

https://drive.google.com/file/d/1JnarkpgSkd2KlxqWOKU3KyQ4XdRwExcx/view?usp=drive_link

https://drive.google.com/file/d/1Ntwu1Pjz7VL5oa832F5h6H7aLrjkWTOL/view?usp=drive_link

https://drive.google.com/file/d/1dZKScDJ3HoullWqiSSE1_G4w-E25LSDR/view?usp=drive_link

https://youtu.be/eNDa_E4FjVs?si=PtUFRkupiH_lrVdK 

 

 

 

8 M DÍA DA MULLER TRABALLADORA

Para celebrarmos o Día da muller traballadora e continuando coa actividade plurianual iniciada hai dous anos “As mulleres do noso instituto”, algunhas das alumnas do Equipo de Dinamización da Lingua Galega entrevistaron a Marita Lozano, unha das conserxes do noso instituto. Podedes escoitar a súa entrevista.

 

https://drive.google.com/file/d/1FoggLDaPtGUFhH8_bDQ56wZg3CYWT9Rg/view?usp=drive_link

EXPOSICIÓN HELMUT NEWTON

O pasado 22 de xaneiro un grupo de alumnado de 1º de bacharelato de Cultura Audiovisual, participou nunha visita-obradoiro fotográfico á exposición sobre Helmut Newton.

INTERCAMBIO CULTURAL EN FLORENCIA

O pasado xaneiro, á volta das vacacións de Nadal, do día 9 ao 13; o alumnado do noso centro de 1º de bacharelato disfrutou dun intercambio artítico-cultural cun instituto da cidade de Florencia. Os alumnos e as alumnas aloxáronse con familias florentinas e disfrutaron de diversas actividades.

VIAXE A ANDORRA 2024

A semana do 13 ao 20 de xaneiro un grupo de alumnos e alumnas de primeiro, segundo, terceiro e cuarto da ESO, participaron nunha viaxe á neve. O alumnado participante puido disfrutar das pistas de Grandvalira Resorts, sector Pal-Arinsal. O grupo xunto ao profesorado acompañante pernoctaron en La Massana, fixeron unha visita ao complexo termo-lúdico "Caldea" e tamén visitaron as rúas máis carismáticas de Andorra La Vella. 

VISITA AO PARLAMENTO DE GALICIA

O pasado mes de decembro o alumnado de 3º da ESO do noso centro, participou dentro do programa "Coñece as túas institucións". A visita consistiu nun percorrido polo edificio da Xunta de Galicia, para despois visitar o Parlamento de Galicia e participar nun pleno en directo. O alumnado puido sentarse na sala de xuntas, donde se reune o goberno de Galicia, e así poder experimentar a responsabilidade do goberno.

ENCONTRO CON ARANTZA PORTABALES

O pasado 28 de novembro o alumnado de 2º de bacharelato, realizou un encontro con Arantza Portabales. O alumnado disfrutou dunha interesante charla-coloquio, firma de libros e preguntas.

 

.

CONMEMORACIÓN 25N

Esta mañá, no IES Salvador de Madariaga da Coruña conmemoramos o 25N ou Día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres. Para isto, fixemos un acto no patio en repulsa da violencia no que participou toda a comunidade educativa. O coro do instituto interpretou "Every breath you take" de The police, que trata sobre unha persoa controladora e obsesiva que persegue a unha muller, e o que xa é todo un himno neste día, "A porta violeta de Rozalén", que nos recorda que sempre hai unha saída.
Ademais, durante o acto, léronse distintos testemuños de mulleres reais que no seu momento foron vitimas de violencia e un manifesto feito polo alumnado que condena estes actos. Finalmente, o alumnado de 1° da ESO creou un gran lazo humano (como se aprecia na fotografía) mentres todos gardamos un minuto de silencio en mostra de rexeitamento ante este tipo de comportamentos.

 

 

https://youtu.be/KMtxqbNhiyM?si=OftkoUKSFfPvnJRs

Distribuir contido


by Dr. Radut