Historia

Historia do centro

HISTORIA DO CENTRO

O actual instituto de Quiroga comezou a funcionar no ano 1981, como Centro Homologado Municipal dependente do Instituto de BUP de Monforte. No primeiro ano de funcionamento impartíronse só as ensinanzas de primeiro de BUP con dous grupos de alumnos. En anos sucesivos fóronse incorporando os cursos de 2º e 3º de BUP e por último COU.

No curso 1990-91 iniciou o seu funcionamento como centro totalmente autónomo dependente da Consellería de Educación.

Xa nas instalacións actuais, no curso 1992-93, implantouse o segundo ciclo da Ensinanza Secundaria Obrigatoria con 3º de ESO, ao ano seguinte 4º de ESO e nos cursos 1994-95 e 1995-96 respectivamente 1º e 2º de bacharelato LOXSE, quedando rematado o proceso de substitución dos anteriores estudos de BUP e COU.

No curso 1996-97 incorporáronse por primeira vez os alumnos de 1º curso de ESO e no seguinte os de 2º de ESO, quedando totalmente implantada no centro a Ensinanza Secundaria Obrigatoria.

 
Distribuir contido