BENVIDA

   

Benvidas/os á web

do IES de Quiroga

   

   

Enlaces aos

blogs

do centro:

Biblioquiroga

Libromanía en Quiroga

Donas

 

 

  

Imaxe do centro

    


   

 

 

 

 

 

 

 

 

Convocatoria Extraordinaria de Setembro 2021

As datas e horas dos exames da convocatoria extraordinaria de setembro pódense ver AQUI

Matrícula curso 2021 - 2022

  •   O prazo para a formalización da matrícula para o curso 2021 - 2022 é do dia 29/06/2021 ó 09/07/2021 ambos incluidos.


  •  A documentación necesaria é:

Remate das clases do curso 2020-2021

- O vindeiro martes día 22 de xuño, as 12:30, rematan as clases deste curso. A esta hora o transporte escolar funcionará con normalidade. Dende o centro queremos agradecer a tod@s @s nos@s alumn@s o seu comportamento exemplar durante un curso tan complicado como este.

- As notas entreganse o Xoves día 24 de xuño as 10:30

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2021/22

 - Pódese ver o contido da convocatoria AQUI

 - Pódese decargar o impreso AQUI

O prazo remata o Martes, 22 de Xuño de 2021, este incluido

Convocatoria Extraordinaria para 2º de Bacharelato

Datas dos exames da convocatoria extraordinaria do curso 2020-2021 de 2º de Bacharelato

Enquisa Optativas Curso 2021-2022

Preme no seguinte botón para acceder á enquisa

                                                                                          

 

Rematado o prazo para cubrir esta enquisa. Cando vos matriculedes xa veredes as optativas ou combinación de optativas nas que vos podedes matricular o curso que ven. Gracias pola vosa colaboración.

Aclaracións ante o pico da pandemia que estamos a sufrir en Quiroga

Ante a situación creada pola pandemia queremos transmitirlle á comunidade educativa os seguintes puntos:

  • No IES de Quiroga estanse a seguir os protocolos da Consellería de Sanidade para que o instituto sexa un entorno seguro. Ata o de agora (esperamos que así continúe) no IES non se produciu ningunha transmisión de virus.
  • As decisións sobre confinamentos ou peches tómanas as autoridades sanitarias. O instituto está en contacto con elas para transmitir información e recibir instruccións.
  • O instituto entende a preocupación dos pais/nais e pode asegurar que tódolos profesores se están esforzando para que na aula virtual haxa sempre material co que os alumnos poidan traballar e así garantir a súa escolarización.
  • É un deber dos alumnos confinados (e responsabilidade dos seus pais) seguir as clases online, se as hai, ou no seu caso entrar na aula virtual en cada asignatura e buscar exercicios que poidan facer. Os profesores non teñen a obriga de comunicar persoalmente con cada alumno para recordarlles isto. Se un profesor se comunica individualmente cun alumno é porque nese caso, ó seu criterio e de xeito extraordinario, será preferible facelo así.
  • As faltas saltan no ABALAR automáticamente cando as poñen os profesores, que non sempre é inmediatamente. Son logo os titores, no tempo semanal que teñen para adicar a iso, os que as acaban xustificando ou non. Evitade chamar preguntando por faltas de hai un ou dous días cando sabedes que o voso fillo/a está na casa e non por aí perdido.

Grazas a todos pola compresión e o esforzo que estamos a facer ante unha situación tan adversa.

 

Faltas de asistencia do alumnado

Pode descargar AQUÍ o documento para a xustificación de faltas de asistencia do alumnado.

 

Libros Para o Verán

Se estás interesado en ler algún libro da biblioteca do instituto pincha en Ourileo

 

 

Distribuir contido