Recursos TIC para as familias

Abalar Móbil

abalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información académica de calquera dos seus fillos a través do teléfono móbil.

A Xunta de Galicia, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, ofrece estes servizos móbiles de Abalar para permitir aos responsables do alumnado poder seguir a actividade dos seus fillos e fillas desde calquera lugar.

Trátase dunha aplicación móbil para os sistemas operativos máis difundidos: iOS e Android.

 

A descarga desta aplicación no teléfono móbil faise dende Apple Store (se o sistema operativo é iOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android). Pode capturar os seguintes códigos QR para descargar abalarMóbil.

Códigos QR para a descarga da aplicación

 

 

abalarMóbil está dispoñible para que as persoas responsables do alumnado poidan acceder ao seu perfil de espazoAbalar dende o seu teléfono móbil e así utilizar as súas funcionalidades desde calquera lugar de forma cómoda e rápida.

Nos seguintes enlaces está toda a información necesaria para a súa utilización:

Ao longo desta guía, mostraranse as diferentes funcionalidades e servizos que as familias poden utilizar dende o seu teléfono móbil.:

Distribuir contido