Taboleiro

REPARTO GRATUÍTO DE MÁSCARAS A ALGÚN ALUMNADO

 

PINCHANDO AQUÍ ACCÉDESE Á ORDE QUE A CONSELLERÍA ACABA DE SACAR SOBRE O REPARTO GRATUÍTO DE MÁSCARAS A ALGÚN ALUMNADO

PLAN ADAPTACIÓN COVID IES POETA AÑÓN

PLAN DE ADAPTACIÓN AO CONTEXTO COVID DO NOSO IES, plan que inclúe como anexos o Programa de Acollida e o Plan de continxencia (como actuar en caso de positivos por Covid e/ou suspensión de clases)

enlace

HORARIO PRESENTACIÓN ALUMNADO (HABERÁ TRANSPORTE TODOS OS DÍAS)

MÉRCORES 23 DE SETEMBRO 

ÁS 11:00 h presentación de 1º e 2º de ESO

ÁS 19:30 h presentación de ESA (Adultos)

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO DA ESO CURSO 2019/2020

Desconfinamento en Climántica. Xuño de 2020

O 23 de xuño o alumnado premiado no congreso virtual Climántica 2020 que asistirá ao campus internacional a celebrar en Aveiro do 2 ao 6 de setembro participou na lectura dun manifesto en defensa do planeta. Enlace ao vídeo grabado en Ponte Nafonso.

Hoy desconfinamos la Acción por el Clima. La voz de Galicia.

PUBLICACIÓN DE NOTAS. Curso 2019-20

O 23 de xuño publicaranse as notas de todo o alumnado de ESO e adultos de forma escalonada para evitar a saturación da aplicación por recomendación dos administradores do sistema. Recibirán as cualificacións por medio de Abalar móbil. É posible que haxa algún problema para que todos as reciban ao mesmo tempo.

Os días 25 e 26 poderán solicitar aclaracións sobre as cualificacións de forma presencial no IES.

PRAZOS DE ADMISIÓN NA FORMACIÓN PROFESIONAL. Curso 2020/2021

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe o calendario de admisión das ensinanzas de Formación Profesional para o curso 2020-2021. A oferta detallada de ciclos formativos publicarase no Diario Oficial de Galicia a vindeira semana.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 25 de xuño ás 9 h. e prolongarase ata o 8 de xullo ás 13 h. A matriculación da primeira adxudicación de prazas comezará o 21 de xullo ás 9 h., ata o 27 de xullo ás 13 h. A continuación, unha vez se comproben as prazas que quedaron vacantes, procederase á segunda adxudicación de prazas, cuxo período de matrícula irá do 29 de xullo ás 9 h. ao 31 de xullo ás 13 h.

O calendario detallado pode consultarse no Portal de FP, no enderezo http://www.edu.xunta.gal/fp/ .

FAMILIAS CON CARENCIA DE MEDIOS INFORMÁTICOS E/OU TELEMÁTICOS

Posto que o peche do centro parece que se vai prolongar máis do previsto inicialmente necesitamos coñecer que familias non dispoñen de medios axeitados para que o alumnado poda realizar e entregar traballos desde o seu domicilio.

Aínda que algúnhas tarefas simples poden realizarse co móbil non resulta útil para a presentación de traballos máis elaborados nin para estudar todas as materias nunha pantalla tan reducida. Hai ademáis tarefas que simplemente non se poden realizar co teléfono móbil.

INSTRUCIÓNS PARA A AVALIACIÓN DO SEGUNDO TRIMESTRE

Publicamos o resumo das Instrucións do 27 de marzo, dirixidas ás direccións dos centros educativos de ensino non universitario sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do segundo trimestre.

Powered by Drupal - Design by artinet