PRAZOS DE ADMISIÓN NA FORMACIÓN PROFESIONAL. Curso 2020/2021

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publica hoxe o calendario de admisión das ensinanzas de Formación Profesional para o curso 2020-2021. A oferta detallada de ciclos formativos publicarase no Diario Oficial de Galicia a vindeira semana.

O prazo de presentación de solicitudes comezará o 25 de xuño ás 9 h. e prolongarase ata o 8 de xullo ás 13 h. A matriculación da primeira adxudicación de prazas comezará o 21 de xullo ás 9 h., ata o 27 de xullo ás 13 h. A continuación, unha vez se comproben as prazas que quedaron vacantes, procederase á segunda adxudicación de prazas, cuxo período de matrícula irá do 29 de xullo ás 9 h. ao 31 de xullo ás 13 h.

O calendario detallado pode consultarse no Portal de FP, no enderezo http://www.edu.xunta.gal/fp/ .

Powered by Drupal - Design by artinet