CRITERIOS DE PROMOCIÓN E TITULACIÓN CURSO 23/24

A consulta dos criterios de promoción e titulación deste curso 23/24 pódese facer pinchando na imaxe seguinte.

 

Cómo alcanzar el éxito en la vida? Consejos clave y ejemplos

AXUDAS PARA MERCAR MATERIAL ESCOLAR CURSO 24-25

O alumnado que no vindeiro curso segue na ESO pode solicitar axuda para material escolar. 

Podedes acceder á información máis completa pinchando aquí ou na seguinte imaxe. 

RESULTADOS ENQUISA USO DA AUGA

Estes son os resultados da enquisa sobre o uso da auga, realizada a todo o alumnado, profesorado e persoal non docente do IES.

Noraboa, parece que todos temos presente a importancia de coidar da auga.

Pincha a imaxe para ver todos os resultados

GAÑADORES XIV SEMANA GASTRONÓMICA

 Gañadores da XIV Semana Gatronómica do IES POETA AÑÓN

Este ano o traballo do xurado foi moi difícil pola gran calidade de todos os pratos presentados no concurso. Aínda así foron capaces de acordar 3 premios.

1ºPREMIO: Tarta de chocolate Kinder

2ºPREMIO (DOCE): Vasitos de crema de limón e frutos secos

3ºPREMIO (SALGADO): Ensaladilla reina

Os gañadores recolleron os seus premios con ilusión, agardamos que os demáis non desistan e volvan a tentalo o curso que vén.

 

 

Noraboa a todos os participantes e ó xurado pola súa participación!

RECUPERACIONES DE FRANCÉS

INFORMACIÓN ÁS FAMILIAS DE 1º E 2º DO DEPARTAMENTO DE FRANCÉS.

 

Toda a información sobre as recuperacións de francés da semana do 17 de xuño está colgada en EDIXGAL no apartado RECUPERACIÓNS.

  • Datas
  • Contidos por avaliacións (se recuperan de xeito independente)
  • Material de repaso para cada avaliación

mercado roupa

O próximo luns 29 inauguraremos o noso Mercado ecosostible de roupa de segunda man.

O horario de atención será de 16:20 a 20:00 tanto o luns 29 como o martes 30 de abril.

 

Esperamos ter moitas visitas....e contribuir a cambiar os costumes da nosa comunidade educativa en canto ao consumo de moda de usar e tirar, que tanto dano supón para os recursos e o medioambiente en xeral.

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

No Día do libro 2024 iniciamos un novo Proxecto de animación á lectura e desenvolvemento de hábitos éticos e sostibles polo medioambiente.

 

 

Invitamos a toda a comunidade educativa a pasarse polo noso punto de intercambio de libros e a darlle unha nova vida ás lecturas propostas.

A ESA VISITA MUROS

Este ano esperando ter un pouco de mellor tempo (meteorolóxico) decidimos retrasar a visita ao Concello viciño, Muros, ata o mes de Abril. A tarde resultou ben entretida grazas as boas e amenas explicacións de María, a técnica de turismo do Concello, sobre o muíño de mareas, os diferentes restos arqueolóxicos que podemos atopar no concello e o museo do mar na conservera de Sel. Como o día resultou ben ventado, non nos quedou outra que facer un pequeno receso na tourneé para tomar un cafe e poder entrar en calor, así que a visita prevista ao casco antigo de Muros viuse un pouco menguada polo tarde que se nos botou. Temos ganas xa da seguinte!!

20 MARS FRANCOPHONIE

O 20 DE MARZO O ALUMNADO DE 2º E 3º DE ESO ORGANIZOU UNHA MOSTRA DE PRATOS FRANCÓFONOS PARA CELEBRAR O DÍA INTERNACIONAL DA FRANCOFONÍA.

FOI TODO UN ÉXITO.

MÁIS FOTOS NO ENLACE

MERCI À TOUS POUR VOTRE COLLABORATION!

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2º ESO

Powered by Drupal - Design by artinet