Seguimento de deberes de 1ºA

Para axudar ao alumnado de 1º de ESO na transición de primaria a secundaria o profesorado anotará os deberes e traballos nuns documentos dispoñibles on line.

Recordamos ás familias que na etapa de educación secundaria a organización é moi importante para non verse sobrepasado polas tarefas no último momento.

Acceso tabla de 1ºA grupo 1

Acceso tabla de 1ºA grupo2

Pode ser necesario instalar a aplicación de google doc para poder visualizar a información desde un smartphone.

Se ao abrir os documentos non aparece un esquema con accesos directos por semanas, no lateral esquerdo, pinchade en ver-->mostrar esquema.

As materias comúns como Educación Física, Relixión, Proxecto ou Francés so anotarán no grupo 1 para os dous grupos.

Para axudarvos coa organización, tamén tedes dispoñible o calendario de exames na etiqueta calendario escolar,

TÍTULO DA ESO PARA PERSOAS ADULTAS

Oferta educativa: ESO para adultos | IES Castillo de Luna

PARA TER MÁIS POSIBILIDADE DE ATOPAR EMPREGO

porque terás o TÍTULO DA  ESO e o CELGA 3

 

PARA SENTIRTE MÁIS SATISFEITO/A CONTIGO MESMO/A

 

PARA ENTENDER MELLOR O NOSO ENTORNO E O NOSO MUNDO

 

VÉN A MATRICULARTE, canto antes, NO NOSO IES NA ESO PARA PERSOAS ADULTAS, aínda quedan prazas.

O NOSO NÚMERO DE TELÉFONO É O 881866221

O HORARIO DAS CLASES É ENTRE AS 18:30 h e as 22:30 h

FESTIVAL DE FIN DE CURSO

O 21 de xuño todo o alumnado e profesorado do centro asistimos a unha gran mostra de talentos co Festival de fin de curso 2023.

Comezamos coa estrea da primeira obra de teatro do noso IES (agardamos que haxa moitas máis nos cursos vindeiros) coa participación de alumnado de 1º e 2º de ESO e baixo a dirección de Elvira e Ana.

 

 

 

Continuamos coa mostra de traballos realizados polo alumnado de 4º de ESO sobre a figura de Fernando Pessoa e a emigración galega a Portugal.

 

Finalmente asistimos ao tradicional concerto a cargo do alumnado de música de 2º, 3º e 4º de ESO

 

 

 

NORABOA A TODOS OS NOSOS GRADUADOS DE 4º DE ESO E MOITA SORTE PARA O FUTURO!

 

PARA VER TODAS AS FOTOS PODES ACCEDER A ESTE ENLACE USANDO O TEU CORREO DO IES POETA AÑÓN

https://drive.google.com/drive/folders/15o-sA_KNrqJ1FUQPFsOrqsW7ljxbBsbI?usp=sharing

LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2023-2024

Aquí pódese consultar a listaxe de libros por cursos para o próximo curso.

Tomando en conta que nalgúns Departamentos do centro, non hai aínda profesorado nomeado para o curso que vén e noutros pode haber profesorado que non utilice os materiais establecidos polo Departamento, é importantísimo non adiantarse a mercar os libros que levan indicado o aviso non mercar ata setembro.

Tamén recomendamos prudencia cos materiais de materias optativas de 3º e 4º de ESO, o noso centro ao ser pequeno e non ter alumnado mínimo suficiente non pode asegurar a creación de grupos para todas elas, é preciso agardar a setembro para confirmar as que poderá cursar o alumnado.

CLUBS DE LECTURA E TEATRO VISITAN LUGO e PORTOMARÍN

Como actividade final para despedir o curso, o alumnado pertencente aos Clubs de Lectura e Teatro viaxaron a Lugo e Portomarín o pasado martes 27 de xuño. Especialmente interesante foi a visita ao Vello Cárcere de Lugo e a historia de Portomarín contada pola nosa guía Candela, alumna do IES Fernando Blanco de Cee e filla do último bebé nacido no vello Portomarín.

Aquí vos deixamos algúns dos momentos desa xornada:

 

PARADAS DE TRANSPORTE ESCOLAR

PINCHANDO NA IMAXE PODEDES VER O IMPRESO E AS PARADAS DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O IES NO PRÓXIMO CURSO.

O IMPRESO ENTRÉGASE CUBERTO XUNTO COA MATRÍCULA PARA O CURSO 23/24

SE NECESITADES UNHA PARADA QUE NON ESTÁ INCLUÍDA NO IMPRESO DEBEDES COMUNICÁRNOLO NO IES, POIS SOMOS NÓS QUEN DEBEMOS SOLICITALA. 

LEMBRAMOS QUE A CONSELLERÍA TEN UNS CRITERIOS ESTABLECIDOS PARA CONCEDER UNHA NOVA PARADA OU NON. OS CRITERIOS PODEDES CONSULTALOS PINCHANDO AQUÍ.

 

PlannerSchool - SmartMobility

ESO para persoas adultas no IES Poeta Añón

Formación para adultos no IES Poeta Añón

Se tes 18 ou máis anos podes conseguir o título da ESO no IES Poeta Añón, e nun horario

compatible coa maioría de traballos e cargas familiares.

NECESITAS ou QUERES mellorar o teu currículum para poder acceder a postos de traballo?

NECESITAS ou QUERES o Celga 3?

NECESITAS ou QUERES exercitar a túa mente para sentirte mellor?

 Non tes máis que chamar ao 881866221 ou pasar polo IES a informarte.

AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 23/24

Xa se poden solicitar as axudas para material escolar (o cheque) , 

O prazo remata o 21 de xuño e pódese facer a través da sede electrónica da Xunta ou presencialmente no IES.

Podedes consultar información máis completa pinchando na seguinte imaxe. 

 

Últimos días para preparar el material escolar | Actualidad | Cadena SER

 

LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS PARA O CURSO 2023/2024

A LISTAXE DEFINITIVA DE PERSOAS ADMITIDAS PODE SER CONSULTADA POLAS PERSOAS INTERESADAS NO IES. 

FORON ADMITIDAS TODAS AS PERSOAS QUE ASÍ O SOLICITARON.

 

 

MOSTRA DOCUMENTAIS " TALENTOS DE OUTES"

Preciosos traballos dos 3º da E.S.O. que poderedes ver no seguinte enlace.

https://www.youtube.com/results?search_query=ies+poeta+a%C3%B1on

           

 

Powered by Drupal - Design by artinet