EXCURSIÓN A DOÑANA 3º-4º ESO

A nosa delegación pola loita medioambiental xa está de camiño a Doñana xunto con alumnado do IES Virxe do mar de Noia, no marco do Proxecto Climántica. Agardamos que aprendan moitas cousas sobre a problemática da auga nese espacio natural, para compartilo logo cos seus compañeiros de Outes.

 

ENTROIDO 2024

Programa Educar en Xustiza e visita ao pazo do Cotón

 

Esta semana visitamos o concello de Negreira para participar no programa Educar en Xustiza promovido polo Consello Xeral do Poder Xudicial (CXPX) e o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG). Que serio e formal parece todo!... E é por iso xustamente que esta inciativa persegue o contrario: que as siglas non asusten e as institucións, menos. O alumnado foi recibido polo xuíz e o equipo de persoas que traballan no xulgado, asistiu ás vistas axendadas para ese dia e tiveron a oportunidade de comentar e preguntar sobre os diferentes casos, a maioría deles, desavinzas que calquera de nós podería protagonizar. Foi moi interesante!

Completamos a visita entrando no pazo do Cotón, emblema de Negreira. Normalmente está fechado, así que temos que agradecer ao Concello e á familia propietaria que nos abrise as súas portas. Foi unha boa oportunidade para visitar esta xoia barroca e poder tratar nas aulas a importancia e a dificultade que temos para manter o noso patrimonio cultural.

 

Castro de Viladonga e Lugo romano. Alá fomos!

 

Un ano máis o alumnado de 2ºESO viaxou a Lugo para coñecer un dos escenarios máis evidentes onde se deron encontro a cultura castrexa e o imperio romano.

Pola mañá, achegámonos ao castro de Viladonga para o alumnado participar das actividades propostas polo Centro de Interpretación sobre arqueoloxía no castro e os achados alí encontrados. A través dos seus restos soubemos un pouco máis da vida aquí, antes da romanización.

 Pola tarde, paseamos Lugo para coñecer a cidade romana. Para iso visitamos a sala de exposicións Porta Miñá e o CIM-Centro de Interpretación da Muralla. E para acabar a saída, fixemos unha xincana que titulamos “a cidade que pisas” sobre o xacemento da casa dos mosaicos e as xanelas arqueolóxicas da zona histórica. A xornada foi completa e chea de sol!

 

 

DIA DA MULLER E NENA NA CIENCIA ACTIVIDADE DO 9 DE FEBREIRO

Aquí vos deixamos o enlace ó vídeo previo á realización do kahoot.

 

Aquí tedes os códigos para o kahoot por cursos e grupos no caso de 2ºESO:

código 1ºESO:06695846

RECURSOS RECOMENDADOS SOBRE RECICLAXE E REUTILIZACIÓN

O equipo de biblioteca recomenda a toda a comunidade educativa o visionado dos documentais enlazados, sobre a temática da problemática de consumo excesivo e posterior necesidade de reciclaxe de materiais, que serán o maior reto medioambiental do noso siglo.

"Cada xesto conta e entre todos podemos cambiar as cousas"

REPORTAXES SOBRE OBSOLESCENCIA PROGRAMADA

 Documentales de La 2

 

 

Comando actualidad

https://www.rtve.es/television/20200114/esto-tiene-arreglo/1995483.shtml

 

 

Montañas de roupa usada nos países máis pobres

 

BBC

Lectura

https://reducereutilizarecicla.org/vertederosde-ropa/

ADMISIÓN E RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 24-25

PINCHANDO NA IMAXE ACCÉDESE Á INFORMACIÓN SOBRE ADMISIÓN E RESERVA DE PRAZA PARA O VINDEIRO CURSO 24-25

HORA LE LER MARTES 16 XANEIRO 2024

Este trimestre imos traballar a temática da reciclaxe e reutilización de materiais non biodegradables, o primeiro paso para trocar costumes e comprender o mundo no que vivimos, para axudarte a facelo propoñémosche unha lectura sobre a repercusión da "moda" no medioambiente e nas nosas vidas en xeral.

HORA DE LER DO 2º TRIMESTRE DO CURSO 2023-24

Aquí podedes consultar o CALENDARIO DA HORA DE LER do 2º trimestre. 

Powered by Drupal - Design by artinet