Educación Física

MARCHAMOS Á NEVE!

O martes día 26, o alumnado de 3º ESO viaxará en compañía dos profesores José Ramón Rey, Susana Sangiao e Monique Otero, ata a estación de esquí de san Isidro na provincia de León.

Saída dende o IES Pino Manso: martes, 12:25h

Regreso: sábado, día 30 pola tarde

¡Unha experiencia única!

Actividades de final de trimestre

Saída a Balaídos e Museo Quiñones León en Vigo. Martes 17 ao longo da mañá. 1º ESO, organizada polo departamento de E. Física.

 

VENRES 20, clases con normalidade ata as 14,30 en todos os cursos e entrega de notas polos titores.

TORNEO DE FUTBITO NO PAVILLÓN

1ª e 2ª hora de mañá: 1º e 2ºESO.

3ª e 4ª hora: 3º, 4º ESO e 1º Bach.

Actividade do departamento de Educación Física.

CONCERTO DE NADAL DOS GRUPOS DE MÚSICA

2ª hora: 3º e 4º ESO.

3ª hora: 1º e 2º ESO.

PROXECCIÓN DA PELÍCULA"Pesadilla antes de navidad".

Grupos de 1º ESO a 5ª e 6ª horas.

 

Derradeiras saídas do trimestre

Comeza o bo tempo e as saídas complementarias, fora do instituto, plantexadas polo departamento de E. Física. Hoxe venres 23, os grupos de 3º ESO realizarán unha ruta para reforzar os contidos sobre orientación no Lago Castiñeiras e o luns, será o alumnado de 2º ESO o que aprenderá algunhas nocións básicas sobre o surf na praia de Patos ao longo da mañá. www.educacionfisicapinomanso.blogspot.com

DisCamino 2012

O vindeiro venres 9 de Marzo vanse celebrar no noso centro unhas charlas para todo alumnado que teñen como obxectivo mostar a forza de superación das persoas con algún tipo de discapacidade.
Visítanos Xerardo, unha persoa sordocega e Xavier o seu guía, que despois de realizar o camiño de Santiago Francés en triciclo en tres ocasións, queren volver a repetir esta difícil tarefa en compañía de un neno con parálise cerebral e o seu pai.
Dende o centro queremos invita-los a estas charlas e aproveitar para pedir a colaboración das familias do alumnado.
Poden acadar máis información na seguinte dirección web: http://nuncaserabastante.blogspot.com ou http://discamino.redestable.com/

Saída Departamento de Educación Física

Hoxe xoves 8 de marzo, o alumnado de 2º Bacharelato A e B ten programada unha saída didáctica á Costa da Vela, organizada polo departamento de E. Física. Ao longo do día realizarán unha ruta de sendeirismo e poderán disfrutar das fermosas vistas da ría de Pontevedra desde o Cabo Home. Toda a información, coma sempre, no blogue do departamento.

Distribuir contido