Educación Física

MAGOSTO

2018-11-13 23:35
Europe/Madrid

O martes 13 de novembro celebramos o tradicional magosto, co asado de castañas, xogos populares organizados polo departamento de Educación Física e algún baile do alumnado. Grazas pola vosa implicación!

Tiro con Arco

O xoves 25 de outubro o departamento de Educación Física organizou unha actividade para dar a coñecer o  tiro con arco ao alumnado de ESO. Acudiron ao centro membros do club Archers Team e tras unha charla e exhibición sobre este deporte, varios alumnos e alumnas probaron a lanzar frechas.

 

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN FÍSICA 18/19

PROFESORADO

José Ramón Rey Rodríguez

Susana Sangiao Novo, xefa do departamento

PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA

 

VIAXE A CANDANCHÚ 2018

2018-01-24 02:26
Europe/Madrid

O alumnado de 2º e 3º da ESO está a gozar dunha semana inesquecible no Pirineo aragonés (Huesca), acompañados dos profesores Susana Sangiao, Monique Otero e Jota.

 

VIAXE A CANDANCHÚ 2018

2018-01-21 08:00
2018-01-27 20:45
Europe/Madrid

ALUMNADO: 2º e 3º ESO

PIRINEO ARAGONÉS (HUESCA)

SAÍDA: SÁBADO, 20 DE XANEIRO

REGRESO: VENRES, 26 DE XANEIRO

PROFESORES ACOMPAÑANTES: Susana Sangiao e Jota

DE PIRAGÜAS POLO MIÑO 2017-2018

O venres, 6 de outubro, o alumnado de 4º ESO, acompañados polos profesores de Educación Física, Susana Sangiao e Jota, achegáronse ata Tui para gozar dunha actividade deportiva en piragüa polo Miño.

Distribuir contido