Novas, avisos, premios
#GivingTuesday
O Concello do Porriño, tal como acordaron os nenos e as nenas que asistiron ao pleno infantil do 15 de novembro, organiza unha iniciativa solidaria no marco do proxecto internacional #GivingTuesday consistente nunha recollida de alimentos que, unha vez clasificados, serán repartidos entre as familias con menos recursos do concello.
O martes 3 de decembro teremos un punto de recollida no Instituto.
Recoméndase deixar sobre todo aceite, galletas, legumes, leite e alimentos infantís, así como tamén conservas ou outros precociñados como fabada, garavanzos, lentellas, albóndegas...
Grazas de antemán.
REUNIÓNS COAS FAMILIAS
A próxima semana terán lugar as reunións de inicio de curso coas familias.
Podedes consultar as datas e as horas AQUÍ
27 DE SETEMBRO, MOVILIZACIÓNS POLO CAMBIO CLIMÁTICO
O alumnado do IES Pino Manso buscou razóns para preocuparse polo cambio climático, e saíron cousas ben interesantes!
SESIÓN FORMATIVA EN VIGO PARA AS FAMILIAS
O CFR de Vigo invita ás familias a participar na seguinte sesión formativa, impartida por José Ramón Gamo: Neurodidáctica: aplicación da neurociencia á educación que se vai celebrar no IES A Guía, o día 13 de maio de 2019 en horario de 17:00 a 19:00
Para asistir a dita sesión poden inscribirse a través do correo electrónico cfr.vigo@edu.xunta.es ou a través do teléfono 986202370
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- seguinte ›
- última »