Novas, avisos, premios

RECOMENDACIÓNS DE UNICEF GALICIA

Dende a OMIX do Concello do Porriño remítennos o seguinte enlace para compartir coas familias:

https://oporrino.org/recomendacions-de-unicef-galicia-para-familias-porrinesas/

RECOMENDACIÓNS DO COLEXIO OFICIAL DE PSICOLOXÍA DE GALICIA

Recomendacións do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia para a comunidade educativa con motivo da emerxencia sanitaria do COVID19

 

 PARA O ALUMNADO:

  • Sabemos que estrañas o teu grupo de compañeiros, compañeiras e amizades, as súas apertas e os seus bicos. Pensa que está situación é transitoria.
  • Son tempos de estar nas redes sociais para estar conectados pero lembra facer uso responsable. Coidado co que colgues nas redes.
  • Colabora nas tarefas do fogar segundo a túa idade.
  • O voso profesorado está tamén conectado, cumpre coa túa parte académica.
  • É a vosa hora, sacade a vosa creatividade e iniciativas.

 

PARA AS FAMILIAS:

  • Mantede a calma nas súas conversas e nos seus actos. A actitude da familia é a que van adoptar os vosos fillos e fillas.
  • Transmitídelle que a responsabilidade é de todos, empezando pola casa.
  • Xestiona o tempo da dedicación dos teus fillos ou fillas ás redes sociais.
  • Pensade en positivo, tedes que sacar dos vosos fillos e fillas as o mellor que teñen.
  • Axúdalles a falar e expresar as súas emocións, dúbidas, medos, inquedanzas.
  • Fóra os bulos. Informádevos nas fontes fiables, páxinas webs da Consellería de Sanidade, de Educación e dos correspondentes Ministerios. 

MEDIDAS COVID-19

Ante a suspensión da actividade lectiva nos centros de ensino pola pandemia covid-19 para os vindeiros 14 días naturais contados dende o 16 de marzo de 2020, a Dirección do IES Pino Manso informa ao alumnado e familias das seguintes medidas adoptadas, consensuadas con todo o Equipo Docente:

 

  • Quedan canceladas as saídas didácticas previstas para a semana do 30 de marzo ao 3 de abril (Campolameiro, Vilasobroso-Tui, Caurel-Ancares).

     

  • A probas fixadas para o periodo no que está suspendida a actividade lectiva nos centros de ensino quedan canceladas. Buscaranse novas datas co profesorado correspondente ao reanudar as actividades lectivas no centro.

     

  • Informaremos, a partir do luns 16 de marzo, a través desta páxina web, para cada curso e grupo, das ferramentas ou plataformas que serán utilizadas en cada materia polo profesorado para facer a súa proposta de actividades, coa finalidade de que alumnado continúe co seu proceso educativo nos seus domicilios.

 

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Un sáudo,

A Dirección do IES Pino Manso

 

Resultado de imagen de AVISO

SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES LECTIVAS

Enlace ao anuncio da suspensión das actividades lectivas e extraescolares en todos os niveis educativos, a partir do vindeiro luns e durante 14 días -a partir do luns de forma oficial e a partir de mañá de forma recomendada-

AQUÍ

Resultado de imagen de IMPORTANTE

30 aniversario Convención sobre os Dereitos do Neno

 

No ano 2019 celebrouse o 30 aniversario da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas e, con tal motivo, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia vén de promover unha nova edición en galego do texto íntegro do tratado e unha serie de convencións adaptadas coa finalidade de achegar os dereitos da infancia ao conxunto da sociedade galega poñendo un fincapé especial nos nenos, nenas e adolescentes.

Coa colaboración da Xunta de Galicia, lanzaron catro publicacións da CDN:

Convención sobre os dereitos do neno adaptada para 6-8 anos

Convención sobre os dereitos do neno adaptada para 9-12 anos

Convención sobre os dereitos do neno adaptada para 13-18 anos

Convención sobre os dereitos do neno (texto oficial)

Distribuir contido