Skip to Content

Recompilando os 21 días en galego e máis....

Este curso recibimos un reto: o dos 21 Días co galego e máis. Así foi como formamos parte desta estupenda iniciativa xunto a outro nove centros de Galicia e como nos convertimos en factoría de produción audiovisual con propostas diversas para achegarnos ao galego e á súa cultura.

Na seguinte presentación recollemos algúns dos traballos realizados:

 

Receita saudables, unha publicación do alumnado de 2º ESO 19-20

Receitas saudables, un traballo feito durante o confinamento polo alumnado de 2º ESO. 
Esta mañá fíxose entrega da publicación ao alumnado implicado polo seu profesor de Educación física, Benxa Soto. 
A publicación conta con 39 receitas repartidas en varias seccións: verduras, arroces, carnes, peixes e mariscos, menús vexetarianos, cociña internacional e sobremesa. 
En cada receita clasifícanse os ingredientes empregados en 3 grandes tipos seguindo o modelo de “My Real Food” de Carlos Ríos, quen divide de forma sinxela os alimentos en 3 grupos: comida real, bos procesados e ultraprocesados.
Como se trata de receitas saudables, neste libro predominan os alimentos reais e os bos procesados, mentres que os ultraprocesados serán reducidos na medida do posible.
Esperamos que este libro vos sexa útil e que contribúa a unha alimentación saudable, completa, variada, equilibrada e saborosa. 
Agradecemos a colaboración da alumna Laura  González Freire na ilustración da portada.
Para descargar : PDF
 

Acto de presentación da revista Maruxía nº 27

A asociación cultural Os Matos do IES Perdouro presentou o nº 27 da publicación Maruxía en colaboración co Equipo de Dinamización e coa Biblioteca.

22/06/2021

Celia, Sofía, Antón e Álvaro, alumnado de 4º de ESO TIC, conduciron o acto e encargáronse de explicar como tiveron que traballar en equipo para poder sacar a diante unha nova edición da revista escolar. Maquetaron en Scribus e Canva as crónicas do alumnado e editaron as fotografías con GIMP. Distribuiron os artigos en varias seccións. Un ano máis, os principais responsables da elaboración dos contidos da revista foron alumnos de ESO, de bacharelato e docentes do centro. Tamén inclue códigos QR que fai dela unha revista máis interactiva para acceder aos traballos audiovisuais feitos neste ano académico.

27 anos despois, a revista escolar dos Matos segue recollendo unha mostra das actividades e traballos realizados no centro durante un ano escolar diferente sen ningunha saída por culpa da pandemia.
Asistiron ao acto Santiago Pérez Docobo, director do centro educativo; Benjamín Coto, Presidente da A.C. Os Matos, Antón Niñe, presidente de honra e Natalia Irimia, coordinadora do EDLG.
 
Natalia Irimia felicitou ás gañadoras do concurso de portada Maruxía: Ana Lestao Ben de 1º ESO (portada) e Lin Vizoso López de 4º ESO (contraportada)
 
Accede á reportaxe  AQUÍ.

Entrega de Premios Concursos OS MATOS

O martes 22 de xuño,  entregáronse os premios do XIV Concurso de relato curto e do XII Concurso de imaxe convocados anualmente pola Asociación Cultural "Os Matos" cuxo lema foi “Haberá vida noutro planeta?”. Benjamín Soto, presidente da A.C. "Os Matos", felicitou aos premiados desta décimocuarta edición do certame. Antón Niñe, presidente de honra da asociación, Santiago Pérez, director, Natalia Irimia, coordinadora do EDLG entregaron os diplomas e uns agasallos. As obras gañadoras pódense ler no número da revista escolar “Maruxía” deste curso.

Parabéns rapaces!!!!!!Accede o noso albún fotográfico AQUÍ.

Acto de presentación da revista Maruxía 27 e entrega de premios

 

Orgulho no Perdouro - reparto de correas

Onte, no marco das actividades do mes do Orgulho no Perdouro, Alba Monteagudo coordinadora do proxecto 365 días en igualdade e respecto, repartiu as correas cos lemas gañadores do certame Orgulho no Perdouro.

Accede ao albúm de fotos da entrega  aquí.

Rubén

Laura

Yorel

Nerea

Iria

Orgulho

Xuño, comeza o mes do ORGULHO

Para continuar co fomento da igualdade, no IES Perdouro quixemos conmemorar o Día Internacional contra a Homofobia, a Transfobia e a Bifobia. Para iso, elaboramos uns carteis, que colocamos nos diferentes pavillóns do instituto e, ademais, pedímoslles aos alumnos/as da ESO que redactasen uns lemas nos que expresasen o seu rexeitamento contra calquera actitude discriminatoria cara os colectivos de persoas homosexuais, transexuais e bisexuais. 

Os lemas gañadores foron os seguintes:
  • Que ninguén che impida querer! De Rubén Díaz Fraga (1º A ESO).
  • Respéctame tal e como son. De Laura Alonso Fernández (2º B ESO). 
  • Sé como/quen desexes ser. De Yorel Ladra Ballesteros (3º D ESO). 
  • Somos libres de ser e amar a quen queiramos. De Nerea Francos Cornide (3º C ESO). 
  • Unha relación baséase no amor, non no xénero. De Iria López Casas (4º B ESO).

Finalmente, os lemas foron impresos nunhas correas para as chaves, que serán repartidas mañá a todo o alumnado da ESO.

Fallo do xurado Concursos OS MATOS 20-21

 O xurado resolveu outorgarlles os premios aos traballos presentados polos seguintes alumnos:

"XIV Concurso literario" da As. Cultural Os Matos - Tema "Haberá vida noutro planeta?"


RELATO CURTO

Categoría 1º e 2º ESO:

  • 1º premio: Asier Oroza Parga (1º ESO)
  • 2º premio: Carla Paz Trelles (1º ESO)
  • 3º premio: Iria Jacomé Martínez (1º ESO)

 Categoría 3º e 4º ESO:

  • 1º premio: Iria Calveche Barranco (3º ESO)
  • 2º premio: Noemy Tavares Pereira Barbosa (4º ESO)
  • 3º premio: Katerine Andrea Ortiz Cáceres (4º ESO)
  • Accésit: Cristina & Lucía Meitín Cayón (4º ESO)

Categoría Bacharelato e Ciclos formativos:

  • 1º premio: Beatriz Botelho Melo (1º Bach.)

"XII Concurso de Imaxe"da As. Cultural Os Matos - Tema "Haberá vida noutro planeta?"

Categoría 1º ESO:

  • 1º premio: Ximena Riopedre Orosa
  • 2º premio: Carla Paz Trelles
  • 3º premio: Nicole Barreiro Souto

Categoría 3º ESO:

  • 1º premio: Laura González Freire
  • 2º premio: Nerea Francos Cornide
  • 3º premio: Ramón Real González
Categoría 4º ESO:
  • 1º premio: Lin Vizoso López
  • 2º premio: Noemy Tavares Pereira Barbosa
  • 3º premio: deserto

EduEmociona con María Navarrete

Cal é a diferenza entre emoción e sentimento? Unha emoción é unha reacción espontánea que non podemos controlar nin elixir e que ocorre en calquera momento; mentres que os sentimentos son as interpretacións a partir destas e o seu desenvolvemento, influenciados polos nosos pensamentos: decidímolos nós e poden perdurar no tempo.

O venres 28 de maio, o alumnado de 4º ESO traballamos distintos conceptos sentimentais e emocionais a través de dinámicas de “ximnasia emocional” organizadas por María Navarrete, neuroeducadora e animadora socioemocional catalá...  seguier lendo a crónica de Laura Rodríguez López e Nuria Ramos Cuba, 4º ESO B no blogue de Perdourando.

Charla con Care Santos, a autora de "Mentira"

O alumnado de 4º da ESO e 2º PMAR tivemos un encontro en liña o día 25 de maio coa autora dun dos libros que puidemos ler na materia de Lingua Galega: Mentira de Care Santos.
A novela trata sobre un adolescente condenado por asasinato, pero tamén fala sobre a delincuencia xuvenil e plantexa algunhas preguntas como: por que alguén pode chegar a asasinar a outra persoa?.
Debido a que estudou Dereito, a autora do libro interesouse pola vida nos centros de menores e propúxose investigar sobre eles para coñecer as experiencias dos alí internos. Tras anos pensando nunha novela con esta temática, conseguiu entrar nun destes centros, coñecer as súas instalacións e vivir en primeira persoa a chegada de novos internos.
O libro baséase nas vidas e experiencias dos rapaces e rapazas que se ofreceron a contarllas. Care Santos díxonos que escoitou historias moi duras e que realmente acabou impactada por elas;  os nomes destas persoas  que falaron con ela non se incluíron na parte final de agradecementos xa que quería protexer a súa identidade e vida privada.
Para rematar a charla, houbo unha quenda de preguntas e respostas. Nós tiñamos anotadas unhas cantas cuestións: como empezou como escritora (díxonos que comezou aos oito anos pero en serio aos 14), en que idioma escribe inicialmente, como é a súa rutina para escribir e como fai para superar un bloqueo creativo, entre outras. A resposta que, quizais, máis nos chamou a atención foi a de por que o libro fala sobre ese tema: ela contounos que foi grazas a un amigo seu que era fiscal e que lle comentou unha historia dun rapaz que se autoinculpa dun crime, aínda que todo o mundo pensaba que mentía.
En resumo, foi unha charla moi entretida na que puidemos coñecer as ideas base deste libro e saber máis cousas sobre el e a súa autora.

Acceda ao albúm de fotos aquí.

Laura García Sánchez e Nicolas Sixto Guisasola, 4º ESO



by Dr. Radut