Benvida

Benvidos á web do IES Ramón Otero Pedrayo

 

IES Ramón Otero Pedrayo - 15005002

Horario lectivo do centro: 8:45 a 14:15 e 16:20 a 18:00 (tarde do martes). O alumnado pode acceder ao recinto escolar vinte minutos antes do inicio do horario lectivo. Período de recreo: 11:15-11:45.  

Horario de administración: 8:30-14:00.

Contacto
IES Ramón Otero Pedrayo
Avda de Monelos 10A
15008 A Coruña
881 960 960
ies.otero.pedrayo.coruna@edu.xunta.gal

Exames de pendentes de maio

Os exames de materias pendentes de cursos anteriores celebraranse entre os días 20 e 23 de maio, segundo o seguinte horario:

 
Luns 20
 Martes 21
Mércores 22
Xoves 23
 16.15-17.15 
Inglés 1º, 2º, 3º
 
  L.Castelá 1º, 2º, 3º 
 Matemáticas 1º,2º,3º 
 17.15-18.15
 Xeog-Hist 1º, 2º, 3º
Cul. Clásica 3º
 
EPVA 1º
Tec. e Dix. 1º
Tecnol. 2º
 18.15-19.15
Francés, 1º, 2º, 3º
 18:00-19: 00  
Fis-Quím. 2º, 3º
E.F. 1º, PEVS 2º
 Bio. Xeo. 1º, 3º
Prox. Comp. 1º
Música 2º, 3º
Rel. Cat. 2º
Lingua Galega 1º, 2º, 3º
(só quen non aprobou coas tarefas)

Bicentenario da Novena Sinfonía de Beethoven, 7 de maio

O 7 de maio de 1824 estreouse en Viena a Novena Sinfonía de Beethoven. Esta peza musical é para moitos a obra mestra do compositor alemán.

Douscentos anos despois celebramos a efeméride no IES Ramón Otero Pedrayo, cunha actuación de 140 alumnos e alumnas. Dirixidos polo profesor de Música, Juan Berná, o alumnado interpretou a parte final da peza, coñecida popularmente como a Oda á Alegría. A interpretación retransmitiuse en directo a través do programa Voces da Coruña, de Radiovoz.

Tal e como declaraba o profesor a La Opinión, "a pandemia privou a Beethoven dunha homenaxe á súa altura; no IES Ramón Otero Pedrayo quixemos compensar esta débeda ao noso nivel". Parabéns a todos e a todas pola vosa excelente actuación!!  A música é saúde!!! 

 
 
 

VISITA SOGAMA E ANDAINA NO XARDÍN BOTÁNICO DE CERCEDA. ABRIL 2024.

O mércores 17 de abril o alumnado de1º ESO visitou as instalacións de SOGAMA e o xardín botánico de Cerceda, donde fixeron unha andaina a carón do río Cabancos.

 

Convocatoria Bolsas Comedor Municipais, curso 2024/2025

O 16 de abril de 2024, publicouse no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a convocatoria das bolsas municipais de comedor para o curso 2024-2025, para o alumnado empadroado no termo municipal de A Coruña, e que vaian cursar 2º ciclo de educación infantil, primaria, ensinanza secundaria obrigatoria, bacharelato ou formación profesional nun centro de ensino con comedor autorizado do mesmo termo municipal. A asistencia ao comedor será obrigatoria durante todo o período lectivo (de setembro a xuño).

Prazo de presentación: do 17 de abril ao 8 de maio, ambos incluídos. 

Toda a información da convocatoria pódese consultar:

-na web municipal de servizos sociais (enlace).  

-na sede electrónica municipal (enlace). 

-no teléfono 010 de información cidadán. 

NOTA: Entre outros requisitos para acceder á bolsa, a/o alumna/o solicitante deberá ter un DNI, NIE ou número de identificación fiscal válido

Atentamente,

Bolsa comedor 

Excursión de fin de etapa

Ao longo da primeira semana do mes de abril, o alumnado de 4º ESO disfrutou da viaxe de fin de etapa a Cataluña. Durante seis días visitaron a cidade de Barcelona e Tarragona, combinando actividades de carácter científico, histórico, deportivo, así como lúdico en Port Aventura. Foron días de diversión e compañeirismo dos que son boa mostra estas instantáneas.

AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO para alumnado 2º DE ESO

En cumprimento da nova lei educativa estatal, este curso está previsto en todas as comunidades autónomas a realización das probas da avaliación de diagnóstico para o alumnado de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria. No caso de Galicia, terán lugar os próximos días 10 e 11 de abril.

Pode atopar máis información no seguinte documento dirixido ás familias: (enlace

BOLSAS e AXUDAS Ministerio de Educación e Formación Profesional - curso 2024/25

BOLSAS ESTUDOS POST-OBRIGATORIOS NON UNIVERSITARIOS

Poden solicitar unha bolsa do Ministerio de Educación aquel alumnado do centro que teña pensado matricularse no curso 2024/2025 nalgún dos seguintes niveis:

     - Bacharelato.     

     - Formación Profesional de Grado Básico.

     - Formación Profesional de Grado Medio.

     - Outros estudos post-obrigatorios. 

 

Moi importante: Pedir a bolsa sempre dentro do PRAZO (do 19 de marzo ao 10 de maio de 2024 ás 15:00h).   

Máis información:  (enlace web Bolsas Educación).

O Prazo para pedir a axuda de necesidade de apoio educativo para o curso 2024/2025 espérase que comeze en maio de 2024.

Punto Laranxa contra o acoso escolar

 Está dispoñible na web do centro o Punto Laranxa contra o acoso escolar. Picando na icona que o identifica, na marxe esquerda da páxina, accédese a un formulario onde comunicar ao centro calquera situación que se considere constitutiva de acoso escolar ou ciberacoso. Así mesmo existe un Punto Laranxa contra o acoso escolar no corredor do centro, a carón da sala do profesorado.

Tanto o Punto Laranxa físico como o virtual son revisados a diario polo Equipo Directivo do centro, a Coordinadora de Benestar e Convivencia e a Xefa do Departamento de Orientación. Son estas persoas as que deben estudar as comunicacións, clarificar os feitos que nelas se denuncien e decidiren se existen indicios suficientes como para a apertura dun protocolo de acoso escolar.

 

 

Acreditación competencias dixitais alumnado 4ºESO

Resolución do 28 de febreiro de 2024, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, dita as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado.

Así, o alumnado matriculado en 4º de ESO no presente curso que obteña o título de graduado en educación secundaria obrigatoria recibirá o certificado que acredite o nivel de iniciación.

O alumnado matriculado en 4º de educación secundaria obrigatoria poderá presentarse a unha proba específica co obxectivo de acreditar os coñecementos, habilidades e actitudes propias do nivel intermedio.

A proba será en formato online. Constará dunha batería de 60 preguntas (12 por área de competencia) a contestar nun tempo máximo de 90 minutos. Realizarase no mes de maio no centro educativo. Para superala deberase responder correctamente a un 70% do total de preguntas, sendo necesario ademais obter un mínimo do 60% de respostas correctas en cada unha das cinco áreas.

O prazo de solicitude e inscrición nas probas específicas remata o 15 de marzo. A participación nas probas ten carácter voluntario. A certificación en competencias dixitais do alumnado terá unha validez de cinco anos.

Solicitude inscrición (entregar en administración).

Máis información competencias dixitais.

Demo da proba de acreditación. 

Distribuir contido