Skip to Content

Actividades

PALITROQUES

O xoves 23 de maio contamos coa presenza do arquitecto e artista Víctor González, creador dos Palitroques, cos que o alumnado de 2º ESO foi quen de construír estruturas de complexidade variada a partir das matemáticas de Pitágoras.

Mobilidade no IES Ordes, xoves 11 e venres 12 de maio

O xoves 11, o equipo portugués xunto co noso alumnado de 3º ESO fixeron unha visita á cidade da Coruña centrada na vida e obra de Isabel Zendal. E o venres 12, participaron nunha xincana (un xogo de pistas) sobre as vacinas no patio do instituto; despois presentaron noticias sobre as vacinas, rematando esta mobilidade coa entrega de certificacións de asistencia.

Mobilidade no IES Ordes, martes 9 e mércores 10 de maio

O martes 9, o equipo portugués aproveitou para coñecer un pouco mellor a nosa comunidade, visitando Fisterra, o Ézaro e Santiago. O mércores 10, xa no IES, foi un día intenso, realizando a súa actividade “Position yourself”, asistindo a unha charla de 3 enfermeros sobre as vacinas e os programas de vacinación, vendo a película sobre Isabel Zendal “22 ánxeles” e facendo un xogo educativo sobre o contido da mesma. Pola tarde, participaron nunha visita guiada por Ordes (museo, murais, ...).

ERASMUS: RECEPCIÓN DO ALUMNADO E PROFESORADO DE LAMEGO

O domingo 7 chegou a Ordes o profesorado e alumnado do centro Agrupamento de Escolas Latino Coelho, de Lamego, que vai a pasar esta semana con nós realizando distintas actividades relacionadas co seu proxecto "Vaccines then and now".

ERASMUS: VIAXE A LAMEGO

Un grupo de 10 alumnos/as de 3º da ESO do IES ORDES estivo realizando unha mobilidade durante a semana do 16 ao 21 de abril no centro portugués de Lamego Agrupamento de Escolas Latino Coelho. Esta visita forma parte do proxecto Erasmus+  KA112 que lle foi aprobado ao noso centro e que está financiado pola Unión Europea , cuxo título é "As vacinas agora e no pasado. Unha aproximación de xénero á ciencia".

TEATRO EN INGLÉS

O pasado 15 de febreiro, o noso alumnado de 1º, 2º e 3º da ESO puideron asistir na Casa da Cultura de Ordes a unha obra de teatro en inglés, “Three stories of England”, a cargo da compañía de teatro Theatre4schools. A continuación, despois do recreo, foi a quenda do alumnado de 4º da ESO, 1º de bacharelato e 1º CM de Xestión Administrativa, que puideron presenciar a obra “Finding Romeo and Juliet”. En ámbolos dous casos, tanto alumnado como profesorado quedou moi satisfeito coas representacións (pola súa dicción en inglés, preparación da obra e empatía co público; e algún alumnado noso de 1º ESO tamén puido actuar). Esperamos poder repetir a experiencia no futuro.

DÍA DA PAZ

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz. Este ano lembramos o que dicía Castelao: “A vaca é o símbolo da paz”. O alumnado de 1º de FP Básica e o de 1º e 2º da ESO deseñaron pezuñas, vacas e idearon lemas para reivindicar a paz.

“Nunca máis guerra, nunca máis barbarie. Agora é o momento, agora é o futuro: PAZ”.

ENCONTRO CON VALENTIM FAGIM

No día 29 de abril, o profesor de Portugués da EOI de Santiago de Compostela, Valentim Fagim, mantivo un encontro  co alumnado de 2º bacharelato de Portugués, 2ª Lingua Estranxeira. A intención da visita era animal@s para seguiren co estudo do portugués cando sigan cos seus estudos universitarios, para non desaproveitaren uns coñecementos adquiridos que, ademais, serven de reforzo e mellora da súa lingua galega .

O NOSO NADAL: ALGUNHAS TRADICÍÓNS PROPIAS

05/12/2023 17:28

Queredes coñecer un pouco mellor como celebramos o Nadal na Galiza? Aquí podedes encontrar recollidas algunhas das nosas tradicións que, nalgúns casos,  perviviron ao longo de séculos.

 

 

VISITA DE VERO BOQUETE

Hoxe veu visitarnos a gran futbolista Vero Boquete!!

Impartiu unha pequena charla para o alumnado de 3º e 4º da ESO na que falou da súa traxectoria profesional como muller futbolista. Logo contestou as máis variopintas preguntas do alumnado e do profesorado para, finalmente, conceder unha pequena entrevista ao grupo de correspondentes xuvenís do noso instituto.

Distribuir contido


by Dr. Radut