Skip to Content

Actividades

OBRADOIRO CON YOLANDA CASTAÑO

O martes 30 de abril visitounos a escritora Yolanda Castaño para impartir en 2º ESO un obradoiro. O suxestivo título do obradoiro, "A poesía non morde", non nos deixou indiferentes. Fixemos da man da autora un periplo polas orixes populares da poesía, recalamos unha vez máis na riqueza expresiva das figuras literarias e chegamos a porto exercitándonos como poetas en potencia.

Foron un par de horas ben proveitosas!

EXCURSIÓN A PONDE DE LIMA E MONÇAO

A maior parte do alumnado de 2ª Lingua Estranxeira Portugués asistiu, no día 12 de abril, a unha excursión a Ponte de Lima e Monção para ter un contacto directo coa lingua e a cultura portuguesa.

En Ponte de Lima a rapazada realizou dúas actividades guiadas en portugués: a Rota do Caminho de Santiago e a visita ao Museu do Brinquedo.

Finalmente, en Monção, a visita tiña como obxectivo coñecer o Palácio da Brejoeira, de principios do XIX, e que hoxe se dedica á produción vitivinícola de uva albariña. Vimos as dependencias, adegas, capela, teatro e horta e o percorrido foi guiado tamén en portugués.

ENCONTRO CON VICTOR F. FREIXANES

No día 2 de abril, a comunidade educativa do IES nº 1 de Ordes deu a benvida ao centro ao escritor e académico da RAG Víctor F. Freixanes, que falou do  seu libro Cabalo de ouros, lido en 2º de bacharelato, alumnado co que mantivo o encontro. Foi presentado por Antonio Villaverde Rey, de 2º bach. C.

 

 

VIAXE DO ALUMNADO DE LATÍN E RELIXIÓN A ROMA E FLORENCIA

Os departamentos de Latín e Relixión do IES Nº 1 de Ordes organizan cada curso escolar unha viaxe cultural co alumnado de primeiro e segundo de Bacharelato a destinos que relacionados coas súas respecticvas materias.

No curso 2019/2020 o destino elixido foron  as cidades de Roma e Florencia. A duración da viaxe foi de 6 días nos que os 34 alumnos/as  visitaron os lugares máis emblemáticos de cada unha destas cidades.

En Roma fíxose unha visita guiada ao foro e ao Coliseo  e o circo Máximo e unha visita guiada aos Museos Vaticanos e Capela Sixtina.

O resto das visitas na cidade de Roma foron coordinadas polas profesoras acompañantes: visitamos  os Museos Capitolinos,  o museo nacional de arte romana ( no Palacio Massimo), O Panteón,  o altar da Ara Pacis, ….

Tamén visitamos as prazas máis importantes da cidade (  Praza de San Pedro, Praza Navona, Praza de España, Praza da Rotonda, Praza Venecia, Praza do Popolo), o barrio do Trastévere,

O mercado dei Fiore, etc.

Poidemos ver in situ a Pietá e o Moisés de Miguel Ángel, o Éxtase de Santa Teresa, os mosaicos de Santa Prassede, de Santa María en Trastévere, Santa María Maiore. ..

Na cidade de Florencia percorremos os lugares máis turísticos da cidade da man dunha excelente guía e visitamos pola nosa conta os Uffizzi e a Galeria da Academia.

VIAXE A PROVENZA

(5-11 DE ABRIL DO 2019)

O Alumnado do noso centro ,xunto do Xelmirez II de Santiago de Compostela, está realizando unha viaxe cultural por esta preciosa rexión francesa. Visitando:

Carcassonne

Montpelier

Montpelier

Nimes

Nimes

Nimes

Fondation Van Gogh (Arles)

Orange

Avignon

Aix-en-Provence

La Camargue

Marseille

Marseille

VISITA DO PROFESOR ANXO CARRACEDO AO IES Nº1 DE ORDES

 

O venres 8 de febreiro Anxo Carracedo visitou o noso centro para falarnos do seu traballo, na conferencia “Pescando xenes”. É profesor de Medicina Legal, Ética Médica e Bioloxía Molecular na facultade de Medicina e Odontoloxía da Universidade de Santiago de Compostela. Na actualidade, como director da Fundación Pública Galega de Medicina Xenómica e Xefe de grupo do CIBER de enfermidades raras, coordina o grupo de Medicina Xenómica que consta de 10 unidades de investigación, no que traballan 150 persoas e varias plataformas tecnolóxicas.

O profesor Carracedo fixo primeiramente un repaso á súa vida persoal, académica e profesional, para centrarse logo no seu labor investigador e, finalmente, acabou por animar ao alumnado a que por medio dos seus estudos e dedicacións procure a felicidade.

Acto de graduación de 2º Bacharelato

 

 

 

 O xoves 26 de maio celebraremos a

graduación de 2º de Bacharelato

 

Na casa Casa de Cultura de Ordes ás 19:00 horas terá lugar o acto de graduación das alumnas e alumnos de 2ºde Bacharelato. Tamén se fará entrega do V Premio de Poesía Carme Villaverde á gañadora, Alba Carnota Amor, alumna do CPI Pontecarreira.

 

 

 

 


 


 

CÚPULAS DE LEONARDO

O alumnado do IES nº1 de Ordes crea cúpulas de Leonardo

MÁIS IMAXES

Distribuir contido


by Dr. Radut