Skip to Content

Actividades

CONEXIÓN ÁFRICA-EUROPA

O pasado mércores, 29  de xaneiro, tivemos a grata visita de dous profesores mozambicanos, docentes nunha escola do norte de Mozambique -preto de Tete - , xa non moi lonxe de Malaui, que nesta época están de vacacións de verán (hemisferio Sur).

Bendito e Messa viñeron ao centro a través do departamento de Matemáticas, co que contactaron para poder asistir a aulas de diferentes materias, ver o funcionamente do IES e tomar ideas para aplicar no seu, un colexio xesuíta.

Messa é o xefe de estudos e profesor de Matemáticas; pola súa parte, Bendito, é orientador, profesor de TIC e Relixión, ademais de xesuíta.

Entón, ao longo da xornada, mentres Messa asistía a aulas de Matemáticas e se reunía coa xefa de estudos, Bendito estivo na clase de Portugués de 4º ESO e acompañou a profesora de Relixión nas aulas.

Despois, durante o recreo, fíxose un pequeno encontro, no que, en portugués, falaron do seu país, do desigual reparto da riqueza alí e das características da súa escola e do seu alumnado. Finalmente, responderon a preguntas e dúbidas que lles propuxeron varias alumnas.

Mozambique_1
Mozambique_2
Mozambique_3
     

ENCONTRO CON ANTÓN RIVEIRO COELLO

O pasado 9 de xaneiro, o alumnado de 2º bacharelato tivo un encontro con Antón Riveiro Coello, autor de As rulas de Bakunin, novela lida no primeiro trimestre. O escritor falou da súa vida e desta obra, das orixes e significado.

Tamén se dirixiu a todos aqueles potenciais escritores que puidese haber entre o público, ao tempo que desmitificou o labor de escritor como dono da palabra. Por este motivo falou dos seus comezos como autor e explicou que a liña que separa a realidade e a ficción é moi fina. Como exemplo, comentou algunhas pegadas da súa propia vida en As rulas de Bakunin e desvelou a orixe dalgúns dos personaxes da súa novela. Porque a inspiración pode nacer en calquera momento.

Pero, para construír unha novela, ademais de inspiración, precísase, estudo, investigación e traballo. Ser dono da palabra significa, tamén, esforzo.

Ao final da sesión, Antón asinou algúns dos exemplares das persoas que así llo demandaron. 

                MOITAS GRAZAS, ANTÓN!!

CHARLA "Os fundamentos do funcionamento dun ordenador"

O catedrático de Arquitectura de Computadores da USC Francisco Férnandez Rivera estivo dando un charla titulada "Os fundamentos do funcionamento dun ordenador", que pertence ao A Ponte que ofertan as universidades galegas.

Nesta charla, na que participaron alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato das materias de Tecnoloxía e TIC e que tivo lugar o 14 de xaneiro, explicouse como é a arquitectura de von Neumann. Esta arquitectura é na que se baseas os computadores desde os anos 40 do século pasado ata os nosos días.

 

 

ENCONTRO CON SANTIAGO LOPO

O pasado día 3 de decembro contamos coa visita de Santiago Lopo, que veu celebrar un encontro co alumnado de 1º de bacharelato para falar da súa obra Arte de trobar, que foi lida e da que os alumnos foron examinados ao longo do 1º trimestre.
Tras unha breve presentación por parte do escritor, a rapazada preguntou todas cantas dúbidas tiña respecto do contido, do proceso de creación da obra ou calquera outra curiosidade que quixeron coñecer do feito de ser escritor.

 

VISITA Á EXPOSICIÓN DE LEONARDO DA VINCI

O 26 de maio, o alumnado de Cultura Clásica e Relixiòn fixeron un percorrido polo casco històrico, para a continuaciòn visitar a exposiciòn sobre Leonardo da Vinci no Mosteiro de San Martìn Pinario.

III XORNADA DE XOGOS TRADICIONAIS

No día de hoxe,con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, dedicadas este ano a Antón Fraguas,celebrouse no instituto a III Xornada de Xogos Tradicionais, coordinada polo profesor Horacio Souto. 
Nela participaron rapaces e rapazas do noso centro,e tamén do IES Maruxa Mallo e do CEIP Castelao,que foron convidados a

PARTICIPACIÓN NO CORRELINGUA 2019

A convocatoria deste ano do Correlingua tiña por lema "O galego é a fórmula". Con este punto como referencia, os e as estudantes dos catro grupos de 2º e 4º ESO traballaron durante algunhas sesión do mes de xaneiro na elaboración de cadanseu manifesto para participar nun concurso. Aínda que aos nosos textos non lles faltou xenio nin xeito, o manifesto gañador foi o titulado "Temos química coa nosa lingua", que elaboraron alumnos e alumnas de 4º ESO do IES de Carral. Desde aquí queremos darlles os nosos parabéns.
Calquera traballo debe ter a súa recompensa e así foi como o luns 6 de maio nos dispuxemos rumbo a Santiago de Compostela para desfrutar dunha andaina polo casco antigo, para escoitar o manifesto gañador da boca de Sofía Martínez Barbeito (2º ESO A), quen xenerosamente subiu ao escenario para lelo acompañada por unhas cantas compañeiras, e para bailar ao son da música de Pauliña, a cantante cambadesa.
Pola nosa banda, consideramos que tanto a elaboración dos manifestos como a participación no Correlingua son actividades útiles desde o punto de vista pedagóxico porque, partindo dun marco lúdico, fomentan o traballo en grupo, exercitan a creatividade, propician o coñecemento do formato do manifesto e contribúen a seguir forxando o uso e transmisión do galego. 
Só nos resta darlles as grazas á organización e a todo o profesorado e alumnado implicado. Procuraremos recuncar!

 

CHARLA SOBRE DINAMOMETRÍA E APRIETES

Unha das actividades incluídas na X Semana Cultural foi unha charla que Ramón López, delegado de SNA Europe, impartiu ao alumnado de 1º de Automoción. Foi unha gran charla, na que coñeceron de primeira man a mellor ferramenta e a forma de utilizala

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut