Skip to Content

Eventos

« Venres Xuño 17, 2016 »
Ven
Start: 17/06/2016 08:30
ACTIVIDADE EXTRAESCOLAR: Mariñeiros por un día

Día:         17 de xuño
Hora:       08:30-17:30
Lugar:      Celeiro
Para:        1º e 2º ESO

Organizada pola Cofradía de Pescadores “Santiago Apóstolo” de Celeiro coa colaboración da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

 
Que debemos ter en conta á hora de realizar a visita?

É importante:

- levar roupa e calzado de abrigo (se é impermeable, mellor)
- facer caso ás indicacións dos guías e profesores
- En caso de ter algún tipo de alerxia alimentaria comunicala ao profesor ou responsable do centro prestar atención e gozar desta experiencia única!.

As actividades terán lugar nas inmediacións portuarias de Celeiro, e consisten nunha visita guiada a través das mesmas.

10:00 h- Recepción dos participantes na lonxa de Celeiro

Benvida e breve presentación do proxecto e das actividades no salón de actos da empresa Porto de Celeiro S.A., con indicacións de seguridade para a visita á lonxa.

10:15-11:00- Visita guiada pola lonxa pesqueira

Realizarase un percorrido para coñecer paso a paso, como descargan os barcos, como se vende o peixe e como se prepara para a súa distribución. Preténdese realizar tamén un simulacro de poxa no que poden participar os escolares.

11:15-11:35- Visita ao heliporto de Salvamento Marítimo

Na mesma base de salvamento do helicóptero Pesca 2, o piloto e rescatadores explicarán en que consiste o seu traballo e como é o día a día nas instalacións da base.

11:45-12:15- Taller do Pescador

Nunha sala da Confraría de pescadores habilitada exclusivamente para a actividade, os escolares poderán vestirse como un mariñeiro e coñecerán de primeira man as artes e aparellos por eles utilizados, así como as principais especies que capturan na zona.

12:30-13:00- Visita ao Centro de Formación Vicente Gradaille

O Director do centro porá en funcionamento diversos instrumentos de comunicación para que os participantes comproben como se comunican os barcos entre si e coas estacións en terra.

13:15-14:15- Comida-degustación de produtos do mar

Nun restaurante da zona, os escolares acabarán a xornada cunha comida baseada en produtos do mar, onde se divulgarán as propiedades beneficiosas que ten o peixe para un crecemento saudable tanto físico como intelectual.


Antes do regreso a Lugo, farase un descanso no Castro de Fazouro, onde aproveitarase o lugar para ler algunha lenda galega e poemas, coordinado dende o Club de Lectura do centro.

Distribuir contido


by Dr. Radut