Actividades Desenvolvidas
OBRADOIRO DE CÓMIC CON SANTI GUTIÉRREZ
Recibimos a Santi Gutiérrez no Instituto o día 23 de novembro.O alumnado de 4º de ESO participou na creación dun cómic inventando unha historia á que o ilustrador ía dando vida cos seus debuxos. A actividade foi realizada polos departamentoe de Lingua Galega e Plástica.
Santi Gutiérrez dedícase profesionalmente ao debuxo dende 1993. Realiza diariamente dende entón viñetas de humor gráfico e caricaturas de prensa para multiples cabeceiras .Ilustra artigos, reportaxes, libros e cómics para revistas e editoriais; e realiza debuxos de campañas gráficas e animación para empresas de publicidade e produtoras de audiovisual. É membro fundador do estudo Baobab e presidente da AGPI dende xaneiro de 2008.
INICIO DO CURSO 2009-2010
O ENDL RETOMA A ELABORACIÓN DE CALENDARIOS PARA AS AULAS.
Descrición da actividade:
En colaboración co Departamento de Galego elaboraremos durante todo o curso uns calendarios para as aulas e os lugares comúns. Estes calendarios son de carácter mensual (en tamaño A3 e plastificados) e ofrecen información sobre datas sinaladas, cuestións de lingua, refráns e datos sobre literatura e autores galegos. Son nove almanaques, tres por trimestre.
Obxectivos
Normalizar a lingua escrita, tentando que o alumnado asimile a nomenclatura dos meses e dos días da semana na forma galega, deixando de usar os castelanismos.
Dar a coñecer datos sobre a nosa literatura e cultura.
Informar das actividades do Instituto.
Destinatarios:
Toda a comunidade educativa.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- seguinte ›
- última »