Actividades dentro do Centro

XORNALISMO NA ESCOLA

16/12/2019 17:52
Africa/Addis Ababa

O alumnado de 4ºESO participou este venres 13 de decembro nun Obradoiro de Xornalismo a cargo de Pablo Díaz Bouza, xornalista da Cadena SER. No transcurso da charla, o alumnado participou dunha emisión en directo con "Hoy por hoy A Coruña", da Cadena SER.

 

CONMEMORACIÓN DO DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

22/02/2019 20:46
Africa/Addis Ababa
Hoxe celebramos na biblioteca a nosa homenaxe a Rosalía de Castro. Os Atrapasoños leron unha selección de poemas da escritora nun acto protagonizado polo alumnado de 3º de ESO. 

 

Do XIX ao XXI Libre o meu pensamento! era o lema proposto  este ano para conmemorar esta data. A rapazada berrou  esta consigna  en varias ocasións despois da lectura de textos significativos sobre a emigración, a marxinación da muller ,  a defensa da lingua , etc.

 

Andrea e Laura acompañaron algunha das composicións coas súas pandeiretas, escoitamos versións musicadas das súas poesías e ao final , coa axuda da interpretación ao piano de Juan Vilas, cantamos todos " Adiós ríos, adiós fontes".

 

Cada participante levou como agasallo un minilibro cos poemas de Rosalía e unha flor.

 

SESIÓN DO CLUB DE LECTURA.

15/02/2019 12:10
Africa/Addis Ababa

        Hoxe  os Atrapasoños lemos “Cordelias”, un conto de Adela Fernández  incluído no seu libro  Duermevelas.   

 

BLOG ATRAPASOÑOS

 

 

 

VISITA DO ALUMNADO DE 6ºDE PRIMARIA DO CEIP O MOSTEIRÓN

06/02/2019 11:30
Africa/Addis Ababa

Hoxe os grupos de 6º de Primaria do CEIP O Mosteirón viñeron coñecer o noso insti, que será o seu o vindeiro curso. Alumnado voluntario de 1º e 4º foi o encargado de ensinarlles o Centro e aclarar as súas dúbidas. Rematamos a visita cunha merendola e un agasallo

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ

30/01/2019 12:00
Africa/Addis Ababa

Hoxe recordamos a importancia da paz nun acto  que combinou a lectura de textos e a interpretación de varias cancións.

 

 

ENCONTROS DE ORIENTACIÓN PROFESIONAL PARA 4º DE ESO

28/01/2019 16:10
Africa/Addis Ababa

Hoxe, durante a hora de titoría de 4º de ESO, tivemos o pracer de recibir a dous exalumnos moi queridos: Enrique Lagares e Sabela Rodríguez . Os dous , que xa están no mundo laboral, explicaron  en que consisten os seus traballos e os estudos que fixeron para conseguilos.

OBRADOIRO DE TEATRO

21/01/2019 15:20
Africa/Addis Ababa

          

           

Máis fotos no blog na biblioteca

 

PREMIOS ÁS MELLORES AXENDAS ESCOLARES

20/12/2018 10:10
Africa/Addis Ababa

Hoxe entregáronse na biblioteca A Esperela os premios polo bo uso e aproveitamento da axenda escolar do noso instituto.Foron uns recoñecementos emocionantes e divertidos.No segundo trimestre haberá máis!!!!

   

SESIÓN DE ATRAPASOÑOS DE 3º E 4º DE ESO .

20/12/2018 20:59
Africa/Addis Ababa

 

A xuntanza do club de lectura de hoxe xirará arredor da obra de Fran Alonso  titulada Cartas de amor. Centrarase no relato titulado "Lonxe", que amosa o desarraigo sufrido polas persoas que teñen que deixar o seu lugar de vida para emigrar a outro país. Máis información no blog

 

 

Distribuir contido