Actividades Desenvolvidas

Calendario de novembro

O EDLG retoma a tradicional actividade da edición de calendarios. Este curso teremos un calendario lingüístico-literario de 2012 para cada aula. Ademais nesta páxina e no blog do EDLG (http://www.edelingua.blogspot.com/) publicaremos calendarios mensuais nos que poderedes atopar explicacións e referencias en relación coa lingua e literatura galegas ( refráns, aclaracións lingüísticas,novas sobre a lingua, actividades do noso instituto...). O noso desexo é que gusten e sexan de utilidade para toda a comunidade escolar.

Calendario de novembro

A MOCIDADE COA NOSA LINGUA

28/04/2011 10:00
28/04/2011 12:00
Etc/GMT+1

Na Casa da Cultura "Pintor Lloréns" de Sada desenvolverase a partir das 10 da mañá o XII certame musical  "A mocidade coa nosa lingua", na que o IES O Mosteirón ten un papel protagonista ao ser o organizador desta  edición.

EU FALO GALEGO PORQUE ...

 

Eu falo galego porque...

ENLACE AO VÍDEO DE PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA, REALIZADO POR JAVIER GONZÁLEZ GARRIDO, PROTAGONIZADO POR PABLO DÍAZ BOUZA, ALUMNOS DE 2º DE BACHARELATO E QUE CONTA COA PARTICIPACIÓN DE MEMBROS DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO IES O MOSTEIRÓN.

 

                               Eu falo galego porque...

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

Trátase dunha pequena exposición dedicada á MULLER. 22 viñetas do Carrabouxo con información adicional e algúns datos que sobrecollen.

EXPOSICIÓN "A TORRE E O XARDÍN DE HÉRCULES"







torre hercules


O vindeiro LUNS 28 ás 20:00 h terá lugar na casa da cultura de Sada "Pintor Lloréns" a inaguración da exposición A Torre e o xardín de Hércules. Está prevista a asistencia ao acto do alcalde de Sada. Poderase visitar dende o día 28 ata o 31 de marzo.


Realizada polos alumnos e alumnas de 3º PDC: Héctor, Adrián, Nere, Luci, Anna, Pamela, Kathy, Marcela, Álex e Thiago. Estudo polo miúdo da historia da Torre de Hércules e dos 19 grupos escultóricos que conforman o coñecido "Xardín de Hércules".


 

ENTROIDO 2011 EN MOSTEIRÓN

   
CONCURSO DE DISFRACES:
O venres día catro de marzo, de 12:30 a 14:10 convócase un concurso de disfraces no que poderán participar todos os membros da comunidade educativa. Nomearase un xurado popular que outorgará tres premios:
1º. O mellor disfrace.
2º. O máis orixinal.
3º. A mellor posta en escena.
Os premios consistirán nun agasallo sorpresa e nunha entrada para asistir ao XII Certame Musical A Mocidade coa Lingua que se desenvolverá na Casa da Cultura Pintor Lloréns o día 28 de abril.
 entroido 2011  
   

CONCURSO DE LARPEIRADAS                                          
Convócase un concurso de larpeiradas de Entroido (filloas, orellas, roscas…) no que poderán participar todos os membros da comunidade educativa.
Nomearase un xurado popular que outorgará tres premios:Os premios consistirán nun agasallo sorpresa e nunha entrada para asistir ao XII Certame Musical A Mocidade coa Lingua que se desenvolverá na Casa da Cultura Pintor Lloréns o día 28 de abril.

entroido 2011 filloas
   

CONCURSO DE CARETAS

Os Departamentos de Galego, Plástica e o EDLG queremos propoñervos unha actividade creativa e divertida: o deseño dunha careta para o Entroido. Podedes presentarvos ao concurso individualmente ou en parellas, escollendo as dimensións e a técnica dos traballos de acordo coas bases que podedes consultar no arquivo que se achega.

Os traballos presentados deben ser entregados na aula de plástica, sendo a data límite o día 3 de marzo antes das 12,30 da mañá. O día 4 de marzo farase unha exposición no Centro con todas as obras presentadas.

XII certame A MOCIDADE COA NOSA LINGUA

   
cartazo a mocidade coa lingua

                    Como ben sabedes , este ano tócanos organizar a fase intercentros do certame musical   "A MOCIDADE COA NOSA LINGUA". Este gran honor debémosllo ao grupo musical DESCOONTROL representante do noso instituto e gañador do certame do ano pasado.

        A gala final desenvolverase o xoves 28 de abril ás 10:00h no auditorio da casa da cultura Pintor Lloréns de Sada.Participarán once grupos de sete institutos da bisbarra, dos cales dous son do noso centro.

Nos arquivos que se achegan podedes ver as bases e o cartel do certame.

                                                         

 

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME AMOR?,AMOR!... EN CEN PALABRAS





Hoxe 21 de febreiro, celebrouse na nosa biblioteca a entrega de premios do certame de microrrelatos Amor? Amor! en cen palabras. Neste curso celebramos xa a terceira edición do concurso ,promovido unha vez máis polo Equipo de Dinamización da Lingua galega , a Biblioteca Esperela e coa colaboración dos departamentos didácticos de Lingua galega e Lingua castelá.


Os textos premiados nesta ocasión foron os seguintes:                 


- Na categoría do 1º ciclo da ESO  , o titulado ELA, asinado por Cristian Freire Taboada, de 1ºESO  B          


- Na categoría de Bacharelato resultou gañador o texto titulado VEÑO , da autoría de Miriam Gudiña de 1º de Bacharelato.


 Recibiu tamén mención de honra, pola súa emotividade  e sinxeleza, o  microrrelato asinado por María Rodríguez  Tizón, de 1º de ESO.


 PARABÉNS PARA OS PREMIADOS E AGRADECEMENTOS A TODOS OS PARTICIPANTES.   


PODEDES LER OS TEXTOS GAÑADORES NO BLOG DA BIBLIOTECA.

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME AMOR?,AMOR!... EN CEN PALABRAS

CELSO FERNÁNDEZ SANMARTÍN EN MOSTEIRÓN

Celso Fernández   Celso Fernández 2

O pasado 21 de xuño, nun dos últimos días do curso, tivemos connosco a Celso Fernández Sanmartín que nos ofreceu dúas sesións de contos .  A autenticidade e a súa capacidade para recuperar os modos da narrativa tradicional oral resultaron realmente pracenteiros para nós. O seu xeito de contar engaiolounos a todos/as .Grazas Celso.

Distribuir contido