Skip to Content

Novas

Portas abertas - Formación Profesional

O centro abre as súas portas o vindeiro mércores 12 (10:00 a 13:00 e 16:30 a 19:00) e xoves 13 (10:00 a 13:00) para dar a coñecer a súa oferta en Formación Profesional.

O vindeiro curso estará formada polas seguintes titulacións:

Convocatoria de axudas para material escolar para alumnado da ESO (Curso 2024/2025)

Informamos que está aberto o prazo para solicitar axudas para a adquisición de material escolar para alumando da ESO para o vindeiro curso 2024/25, con data límite de solicitude do venres 21 de xuño

 

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (ED330B - anexos I e II), accesible desde a sede electrónica da Xunta de GaliciaOpcionalmente, poderán presentarse presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Cualificacións provisionais probas de acceso a ciclo medio (Convocatoria 2024)

Publicada en <edu.xunta.gal> a listaxe provisional de cualificacións das probas de acceso a ciclos formativos de grao medio.

 

Período de reclamación: do 3 ao 7 de xuño, ambos os dous incluídos, no centro onde se presentou a solicitude de inscrición.

 

Máis información na seguinte ligazón.

IOT Solutions World Congress

A pasada semana, profesorado do Departamento de Electricidade e Electrónica desplazouse a Barcelona para participar no IOT Solutions World Congress, un evento sobre tendencias de transformación dixital e tecnoloxías disruptivas. Desta forma, o profesorado fórmase para poder aplicar ditas tecnoloxías no máster de especialización de instalación e mantemento de sistemas conectados a internet (IoT) en formato dual que empezaremos a impartir no próximo curso 2024-25.

Próxima apertura do prazo de matrícula. Anótate!!!

Calendario de exames de Administración e Xestión (Finais, pendentes e perda da avaliación continua) - Curso 2023/2024

Ciclo Medio en Xestión Administrativa

1º curso

2º curso

 

Ciclo Superior en Administración e Finanzas

1º curso

2º curso

Arquitectura Sen Fronteiras

O alumnado de 1° e 2° de ESO asistiu a unha actividade sobre Tecnoloxías axeitadas e sobre cooperación e participación cidadá. A actividade foi impartida por Juan Ortiz, técnico de Arquitectura Sen Fronteiras Galicia, convidado polo departamento de Tecnoloxía. 

Unha actividade moi interesante para todas as persoas implicadas!

Distribuir contido


by Dr. Radut