You are hereBlogues / blogue deadmin

blogue deadmin


Xa está aquí o nº29 da revista Século 21

Xa temos un novo exemplar da revista Século 21 con información e fotos do curso 2017-18. Grazas ao Equipo de Normalización Lingüística, aos maquetadores de 1º curso do ciclo superior de Deseño e xestión da produción gráfica e a todos os redactores e participantes, alumnado e profesorado, que fixeron posible encher de contidos este novo número da nosa revista. Moitas grazas!

Pincha na imaxe e poderás ler a revista. Os números anteriores están dispoñibles no menú "Revista escolar" da web do centro.

Non sexas pesado e deixa que cadaquén o faga con quen queira. Sempre consentido e con sentido

Durante o curso 2017-2018, o alumnado de FP Básica do IES Montecelo participou no programa “Educación Afectivo Sexual” de Quérote+. A actividade desenvolta para a promoción do respecto á diversidade sexual e da convivencia positiva e igualitaria entre os sexos tivo como lema gañador: 

 

Non sexas pesado e deixa que cadaquén o faga con quen queira.Sempre consentido e con sentido

 

O alumnado autor do lema foi Diego Ferreirós, Nerea Freire, Cristian Iglesias,  Verónica Iglesias e Aitana Pintos.

Calendario de probas libres

Calendario de probas libres


A xornada de presentación é o venres 1 de xuño ás 11.30 horas no salón de actos do centro. Dito acto de presentación é obrigatorio. 

 

 

 

 

 

Os nosos proxectos Seguridade Memorflex e Permacultura Urbán premiados en FP Innova 2018

Neste 2018 dous proxectos do IES Montecelo volveron a resultar premiados nos Premios FP Innova.

O proxecto Seguridade Memorflex, presentado polo profesorado e alumnado de FP Básica de Mantemento de Vehículos e en colaboración co IES Antón Losada (A Estrada), busca a mellora dun elemento vital na seguridade xa que os paragolpes elaboraranse cunha base de látex que tería “efecto memoria” ao recuperar a forma inicial de xeito inmediato.

 

O proxecto Permacultura Urbán, presentado polo profesorado e alumnado de FP Básica de Agroxardinaría e en colaboración coa Asociación Boa Vida – Inclusión Activa de Pontevedra, pretende reducir a xeración de refugallos co emprego dun compostador caseiro que empregarán as familias participantes.

 

O novo equipo de mediación

Xa temos novo equipo de mediadores do centro: Faik Borja, María, José Andrés, Joel e Andrea serán os encargados de mediar na resolución dos conflitos que poidan xurdir na comunidade educativa. 

Xornadas de portas abertas 2018

Durante a semana do 9 ao 13 de abril, o centro organiza unhas xornadas de portas abertas para dar a coñecer as distintas ensinanzas de FP Básica e ciclos formativos.

Ao longo desta semana visitarán o noso centro o alumnado do IES Luis Seoane, IES de Poio, IES Rodeira, CPI Mosteiro, IES Mestre Landín e CIFP Carlos Oroza.

Premio extraordinario de FP

Parabéns para Alba Vilachán, estudante do ciclo superior de Deseño e xestión da produción editorial, por gañar o premio extraordinario de FP na familia profesional de Artes Gráficas.