You are hereActividades

Actividades


Obradoiros 3D e Robótica

Xa está aberta á inscrición para os obradoiros de Impresión 3D e Robótica que se desenvolverán no centro no mes de maio, están pensados para que poida participar toda a comunidade educativa e podedes anotarvos premendo en cada unha das seguintes imaxes.

 

 

Concurso de portas do Samaín

 

Hoxe no IES Montecelo celebramos o concurso de portas do Samaín.

Os alumnos sorpréndennos ano tras ano, pola súa creatividade, pola coidada realización dos decorados das portas, pero, sobre todo, pola súa implicación, o espírito de grupo e a colaboración de todos con todos.

Os resultados espectaculares, coma sempre e aínda que o mellor desta actividade non se poida ver nas fotos, xulgade vós mesmos os resultados.