You are hereBlogues / blogue deadmin

blogue deadmin


Vídeo presentación do proxecto Memorflex

Presentación de MEMORFLEX, o proxecto de innovación que participa en Proxecto Innova, realizado polo alumnado de FP Básica de Mantemento de vehículos

 

Seguimos "Intercambiando experiencias"

Como continuación do programa “Intercambiando experiencias”, o pasado 27 de marzo o grupo de 1º curso de ciclo básico de Peiteado e Estética visitou, xunto coa súa titora e a orientadora, as instalacións do CEE Pontevedra, onde foi recibido polo equipo directivo e un numero grupo de alumnos que están a cursar os programas adaptados de formación profesional.

Despois dunha actividade de presentación grupal no xardín, visitaron os tres talleres onde desenvolven os programas formativos: xardinaría, restauración e artes gráficas, e os propios alumnos explicaron qué aprendizaxes están a acadar, qué proxectos teñen cara o futuro e amosaron algúns dos seus traballos.

Con esta visita estreitáronse aínda máis os lazos de amizade entre o alumnado e ámbolos dous centros, e xa estamos desexando compartir outra nova xornada.

Mercadillo de plantas

Os días 1 e 2 de abril, o alumnado de FP básica está a organizar un mercadillo de plantas na entrada do centro.

Proxecto Permacultura: segue os seus avances no seu Instagram

O proxecto de innovación Permacultura que está desenvolvendo a familia profesional de Agraria xa ten instagram para seguir os seus avances!  @proxecto_permacultura

 

Pulseras lilas: un proxecto para darlle voz ás mulleres

Sara, María e Julia, alumnas de 2º do ciclo medio de Farmacia e Parafarmacia, organizaron o proxecto "Pulseras lilas" coa idea de concienciar sobre a igualdade de mullleres e homes. Ao longo de dous días repartiron pulseras lilas entre os membros da comunidade educativa, recopilaron frases/ideas dos participantes e remataron cunha fotografía de todos amosando as pulseras lilas.

Parabéns pola iniciativa e polo éxito do proxecto!

 

Intercambiando experiencias:"Ponte aínda máis guapa”

O luns día 25 de febreiro, organizouse no IES Montecelo a primeira das actividades que se desenvolverán dentro do programa “Intercambiando experiencias” que realiza o noso centro xunto co CEE Pontevedra a partires dunha proposta do propio alumnado de 1º de CB de Peiteado e Estética e que recolle un total de cinco actividades a realizar ata o mes de xuño.

Para a  actividade desenvolvida este mes, ”Ponte aínda máis guapa” , visitaron o taller de Peiteado 10 alumnas do CEE Pontevedra, que foron moi ben atendidas polo grupo de 1º de CB de Peiteado e Estética. Debemos destacar o clima de camaradería e o bo ambiente que se xerou entre os dous grupos, que xa están desexando compartir novas experiencias.

Este programa  recolle entre outras actividades unha visita ás instalacións do CEE para coñecer como traballan os alumnos do programa adaptado de Cociña e restauración e a lectura de contos infantís ao máis pequenos do centro.

 

I Feira do emprendemento

Os días  26, 27 e 28 de febreiro de 2019 celebramos no centro a primeira edición da Feira de Emprendemento, onde os alumnos e alumnas do  ciclo de grao superior de Anatomía  Patolóxica  e do ciclo de grao medio de Impresión  Gráfica, presentaron as  ideas de negocio xeradas no módulo de EIE á comunidade educativa do instituto.

Parabens por esas ideas de negocio!

 

Experiencias emprendedoras

Este xoves 21 de febreiro visitaron o noso centro dous empresarios de éxito: Oliver da Silva, promotor do negocio Chiringuito Sinás, e Jaime Feijoo, promotor do negocio  J.F.H. Entrenador Personal. Os dous contaron o seu percorrido emprendedor e deron consellos e recomendacións ao noso alumnado de segundos cursos dos ciclos medios e superiores do centro.

Unhas experiencias moi interesantes de como é o  camiño para acadar o éxito. Grazas pola vosa participación!

Con dones e doñas: un proxecto de alumnado de 2º de preimpresión dixital

Os alumnos de 2º de Preimpresión Dixital, Daniel, Yolanda, Carlos, Carla, Araceli e Santiago, entregaron o recaduado no seu proxecto efímero "Con dones e doñas" á Asociación Galega de Persoas afectadas polo VIH, AGAVIH. Na foto inferior, Cándida, a representante da asociación, recibe a hucha cos 63 euros recaudados.

Do 12 ao 14 de febreiro, os 6 alumnos levaron á practica a súa idea de proxecto para o módulo de EIE cuxo obxectivo era concienciar da importancia da prprevención e saúde sexual. Em 3 recreos repartiron preservativos personalizados con pegatinas e folletos informativos. O alumnado contou coa colaboración do centro Quérote +, que doou 100 preservativos.

Parabéns ao alumnado pola iniciativa e grazas ás entidades colaboradoras. 

 
 

 

Listas definitivas mobilidades de persoal docente de ciclo superior e de ciclo medio

Listas definitivas das mobilidades de persoal docente ciclo superior e ciclo medio.