You are hereCurso 22-23

Curso 22-23


Obradoiros 3D e Robótica

Xa está aberta á inscrición para os obradoiros de Impresión 3D e Robótica que se desenvolverán no centro no mes de maio, están pensados para que poida participar toda a comunidade educativa e podedes anotarvos premendo en cada unha das seguintes imaxes.

 

 

O IES Montecelo no Congreso FPB en Red 2022

Os profesores do centro, Juan Porto e José Fuentes, presentaron hoxe no congreso FPB en Red 2022 en Madrid, o proxecto de innovación que fixemos hai uns anos, Aquamobil Adapt. Compartiron as experiencias do noso centro co alumnado de FPB e aprenderon das experiencias dos outros centros participantes. Compartir e aprender nos fan medrar e mellorar para o noso alumnado.

OBRADOIRO DE EMPRENDEMENTO

Obradoiro sobre xeración de ideas emprendedoras

No marco do programa “Aulas de emprendemento” , os días 3, 4 e 5 de outubro, os alumnos e alumnas de segundo curso dos ciclos formativos do centro, puxeron en marcha a súa iniciativa e creatividade no “Obradoiro de xeración de ideas emprendedoras: desenvolve unha idea de negocio innovadora” impartido pola altofalante Raquel Pedrouso.

 

Concurso de portas do Samaín

 

Hoxe no IES Montecelo celebramos o concurso de portas do Samaín.

Os alumnos sorpréndennos ano tras ano, pola súa creatividade, pola coidada realización dos decorados das portas, pero, sobre todo, pola súa implicación, o espírito de grupo e a colaboración de todos con todos.

Os resultados espectaculares, coma sempre e aínda que o mellor desta actividade non se poida ver nas fotos, xulgade vós mesmos os resultados.