You are hereBlogues / blogue deadmin

blogue deadmin


Día internacional contra a violencia de xénero

Outro ano máis, o IES Montecelo realiza un acto para concienciar sobre a importancia de erradicar a violencia de xénero da nosa sociedade. Alumnado e traballadores do centro participaron nunha "perfomance" lembrando ás vítimas do último ano.

Imaxe gañadora do Magosto 2018

O alumno Agustín Caporallini, estudante de 2º do ciclo medio de Preimprexión dixital, é o autor da fotografía gañadora do concurso organizado por motivo do Magosto. Parabéns!

 

 

 

Probas de nivel de idioma Erasmus+

Horario das probas de nivel de idioma para participar no programa Erasmus+:

Mércores 21 de novembro ás 11.30 horas:

- Inglés no salon de actos.

- Portugués na biblioteca.

Convocatoria dos programas de mobilidade 2018-2019

¿Es alumno/a do IES Montecelo de Ciclo  de Grao Superior  e gustaríache  participar nunha mobilidade Erasmus+ para prácticas durante a FCT en abril de  2018? ¿Ou o teu caso é que es alumno/a  do Ciclo Medio e estás interesado en  facer unha mobilidade o rematar os teus estudos neste centro educativo?

Nese caso deberás inscribirte no proceso de selección, o prazo  estará aberto dende o  13 de novembro ata o 16 de novembro, ambos incluídos. Podes cumprimentar a túa solicitude que atoparás nesta páxina web na sección de programas europeos e logo a achegas a dirección email: erasmusiesmontecelo@gmail.com  ou a podes entregar persoalmente a Coordinadora de programas Europeos

Ten en conta que no Programa da convocatoria (na sección de programas europeos), recóllese toda información relativa a esta convocatoria, así como a data dunha charla informativa  onde se indicarán  os requisitos, bases de participación e criterios de selección.  

Mira os documentos adxuntos. Anímate e participa!

Magosto 2018

 
 

Novos cursos AFD

O IES Montecelo participa nas accións formativas dirixidas prioritariamente a desempregos (AFD), impartindo dous cursos:

  • IMPP0208  Servicios estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe  638 horas
  • TVMG0409  Mantemento do motor e os seus sistema auxiliares 538 horas

 Data de inicio prevista é 4 de outubro, en horario 15:30 a 20:30.

As persoas interesadas poden informarse nas oficinas do SEPE.

Orientacións académicas e profesionais tras rematar un ciclo

"Emprego e formación" é unha web con información de interese para o alumnado que remata os ciclos formativos: que estudar despois, onde atopar ofertas de emprego, como redactar un currículum ou a importancia de facer unha autoanálise de cara a un futuro laboral e académico de éxito son algúns dos temas que se recollen na web. 

Pincha na imaxe para acceder á web 

https://empregomontecelo.wixsite.com/emprego

https://empregomontecelo.wixsite.com/emprego)">https://empregomontecelo.wixsite.com/emprego

Os departamentos de Orientación e de FOL colaboran na web "Emprego e formación"

 

Horario de acollida e inicio das clases lectivas curso 2018-2019

O curso lectivo comezará o luns 17 de setembro co seguinte horario de acollida/presentación:

- Ciclos medios: ás 10.00 horas.
- Ciclos superiores: ás 11.00 horas.
- Ciclos de FP básica: ás 12.00 horas.

Tras a presentación/acollida do alumnado por parte do equipo directivo e dos seus titores, continuarán as clases no horario lectivo habitual (lémbrase que os luns tamén hai horario lectivo pola tarde).

Expedición de títulos académicos

PAGO TAXAS DEPÓSITO TÍTULO CICLOS FORMATIVOS LOE

IMPORTANTE: NON PODE FACER O PAGO DE TAXAS ANTES DA DATA QUE LLE INDIQUEN NO CENTRO EDUCATIVO

TAXAS 2022 (TARIFA NORMAL): CICLOS MEDIOS LOE: 22,07€. CICLOS SUPERIORES LOE: 54,00€

TAXAS 2022 (FAMILIAS NUMEROSAS 1ª CATEGORÍA): CM LOE 11,06€, CS LOE: 27,03€

TAXAS 2022 (FAMILIAS NUMEROSAS CATEGORÍA ESPECIAL): EXENTAS DE PAGO

NO VÍDEO E NO DOCUMENTO ADXUNTO PODE VER O PROCEDEMENTO NA SEDE ELECTRÓNICA OU SOLICITAR IMPRESO DE TAXAS NO CENTRO OU NA ENTIDADE BANCARIA.