O alumnado de segundo curso do CM dual de Comercialización de Produtos Alimentarios e a súa profesora Sol Seoane preséntannos este precioso escaparate para unha tenda de alimentación de produtos a granel. Sen dúbida, unha composición moi elaborada coa que nos amosan que, unha vez máis, a súa creatividade non ten límites! A nós encántanos, e a vós, que vos parece?
Nos últimos anos o transporte e a loxística están a experimentar unha forte transformación que demanda profesionais que saiban adaptarse a todos estes cambios. A Televisión de Galicia visitounos para interesarse polo ciclo superior de Transporte e Loxística dual e falar con Virginia e Marta, alumnas do ciclo, así como con profesoras responsables do mesmo.
LIGAZÓN AO TELEXORNAL 1/11/2021
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-mediodia-5387683?t=2663
"Óptica FP" é o escaparate realizado polo alumnado do CM de Actividades Comerciais para despedir este curso 2020/21. Está claro que teñen moita VISIÓN DE FUTURO!!
Vídeo xornadas de orientación profesional. Departamento de Comercio e Márketing
Sol Seoane e o alumnado do curso AFD de Actividades de xestión do pequeno comercio preséntannos este escaparate que nos anuncia que o verán está cada vez máis próximo. Parabéns polo traballo realizado!
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer