Queremos amosar o noso agradecemento ás empresas Galopín e Portomuiños por abrirnos as súas portas e permitir ao alumnado dos ciclos superiores de Comercio Internacional e Transporte e Loxística coñecer de primeira man a súa experiencia empresarial e o seu proceso de internacionalización. Sen dúbida, dúas empresas exemplo de espírito emprendedor, capacidade de adaptación e innovación nos seus respectivos sectores que inciden ademais na importancia das gañas, a actitude e os equipos de persoas como chave para a expansión e internacionalización empresarial.
O alumnado de 1° curso do ciclo medio de Actividades Comerciais tivo a oportunidade de participar nun obradoiro sobre Impresión 3D e Reciclaxe de plástico como formas de promover a economía circular, organizado pola Fundación Paideia.
Publicada no taboleiro do instituto a relación provisional de persoas solicitades de axudas para a FCT.
Prazo de reclamacións: 16 de novembro ao 26 de novembro.
Publicación da listaxe definitiva: 27 de novembro.
ESCAPARATE DUNHA TENDA DE ALIMENTACIÓN A GRANEL
ESCAPARATE TENDA DE COMPLEMENTOS (XVEC)
ESCAPARATE TENDA DE COMPLEMENTOS (ACTIVIDADES COMERCIAIS)
Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer