Punto Laranxa contra o acoso escolar

Blogues

Xoves 31 de xaneiro: Información e Réplica á LOMCE

O xoves 31 de xaneiro hai 2 actos en reñación coa Lei de Educación que presenta o PP. A chamada Lei Wert.

Ás 19,30 a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público convoca concentracións en 10 cidades e vilas de Galiza baixo o título "Mobilízate contra a LOMCE". En A Coruña faise na Praza de Pontevedra diante do Eusebio da Guarda.

E ás 20 horas a asociación Namentras organiza un debate sobre esta mesma lei no Circo de Artesáns.

Achego as fotos/cartaces dos dous actos:

 

Entrevista ao Prof. Dr. Ottmar Edenhofer


Iván del Campo Bellón e Aldara Fernández Carro, alumnos de 1º de Bacharelato da materia de Tecnoloxía Industrial, entrevistan ao Prof. Dr. Ottmar Edenhofer, co-presidente do Grupo de Traballo 3, para a mitigación do cambio climático do "Intergovernmental Panel on Climate Change" (IPCC).


Visita ao porto e Zona Franca de Vigo

A visita consistiu en 3 partes: lonxa, porto e zona franca, por esa orde. A pesar da chuvia e vento, a visita foi bastante interesante, en especial a zona franca, onde despois dun suculento almorzo, explicáronnos o status aduaneiro e réxime tributario das empresas de import/export situadas nesa zona especial. Dende logo, quen estea a pensar en emprender no futuro, esta información foille de grande utilidade e amplía un pouco máis noso coñecemento sobre a loxística de moitas empresas. Tamén destacar, a existencia
da base de datos ARDAN, que por un módico prezo, nos ofrece datos financeiros (resumos, gráficas, etc.) de máis de 90.000 empresas españolas.

A visita foi recollida na web do Consorcio da Zona Franca. Para vela pincha aquí.

Roberto Pérez Doeijo, 2º CS Comercio Internacional


19 Xaneiro: Conferencia sobre a Débeda española e a Repercusión sobre o Ensino Público

A FEDERACIÓN PROVINCIAL DE ANPAs DE A CORUÑA FAI O SEGUINTE CONVITE A ESTA CHARLA SOBRE A DÉBEDA E A REPERCUSIÓN NO ENSINO PÚBLICO:
Estimados/as Amigos/as

A Federación Provincial de ANPAs de Centros Públicos de A Coruña, en colaboración coa Fronte Cívica Somos Maioría, organiza unha charla-coloquio aberta este sábado día 19 sobre a débeda española e como afecta esta á educación pública. Dende hai bastante tempo os nosos dirixentes din que España debe moitos cartos, que cada español ten unha débeda importante. O presidente da Xunta chegou a dicir antes das eleccións que cada galego debe 2800 euros, dando a entender que a débeda española é responsabilidade dos cidadáns, e iso é algo totalmente falso. Este erro o repiten con insistencia en moitos medios de comunicación, causando confusión nas persoas que non están moi informadas do asunto.

O motivo de esta charla-coloquio é o de informar sobre a débeda e por qué é ilexítima, ademáis de explicar as consecuencias que ten para os servizos públicos, neste caso a educación. Para elo contaremos con dúas persoas expertas no tema, que falarán en profundidade coa intención de que esteamos mellor informados de todo o que está a acontecer: Miguel Quinteiro e Alfredo Iglesias Diéguez.

Miguel Quinteiro é activista de Attac, Coop57 (entidade da que é socio promotor) e a Plataforma polo aforro público, entre outros grupos. Ademáis, é ex traballador e ex membro do consello de administración de Caixanova. O vídeo da súa detención o pasado 25 de setembro foi moi coñecido, xerando unha gran indignación en moitos cidadáns. É autor de numerosos artículos e publicacións sobre a débeda e leva moitos anos denunciando a situación das Caixas de Aforros, as cales todos sabemos como remataron.

Alfredo Iglesias Diéguez é doutor en historia, especialista en evolución humana e profesor de ciencias sociais e escritor. Foi colaborador habitual de Galicia Hoxe, tanto no suplemento "Descubrir", con artigos de divulgación científica ou histórica, como nunha columna de opinión titulada “Na marxe esquerda”, recibiu o Premio Puro Cora de Xornalismo en 1996 polo artigo “SOS Racismo, a humanidade en perigo”, é, dende o ano 2003, é colaborador habitual do xornal Faro de Vigo. Tamén ten publicado artigos en Altermundo, portal altermundista galego do que pertence ao seu Consello editorial, e en Rebelión. Integrou o equipo de redacción da Enciclopedia Galega Universal, obra que recibiu o Premio Crítica de Galicia á iniciativa cultural no 2001. Tamén participou na realización de libros de texto nas editoriais Tambre e Obradoiro, coa que segue a traballar na actualidade.

Xuntamos cartaz con toda a información da organización.
                                                                                                  
Esperando vosa presenza. Unha aperta.
Xunta Directiva Federación Provincial de ANPAs

Novo curso de Fotografía Dixital

Complementando a actividade do Instituto co proxecto medioambiental deste ano, este curso vaise focalizar na Foto denuncia medioambiental.

Últimos Artigos

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer