Probas de Acceso a Universidade

Parabéns ó alumnado de 2º de Bacharelato polos bos resultados acadados nas probas de acceso a Uiversidade.

Mencionar especialmente os alumnos Laura Espiño Dos Santos e Óscar López Iglesias por superar a cualificación de 9 puntos. Polo que estarán presentes no acto de Recoñecemento a Mellores Expedientes organizado pola USC.

Formación en Centros de Traballo - ITALIA

Sete alumnos do Instituto dos ciclos de Sistemas microinformáticos e redes e Instalacións de telecomunicacións atópanse en Italia realizando as Prácticas en empresa. Están repartidos en tres empresas de diferentes zonas: na provincia de Lecce (Martignano) e nos arredores de Bolognia (Regia e Forlí).

O período de prácticas comezou o 11 de abril e prolongarase ata o 21 de xuño. Contan cunha beca Erasmus +, no marco do proxecto Europa Next Station que coordina a Consellería de Educación e no que o Instituto IES ANTÓN LOSADA participa como socio.

No traballo:

Carlos e Xabier, na empresa INTERLINEA, en Forlí

 

David e Leticia, na empresa EMISFERA SISTEMI, en Reggio Emilia

Jesús Neira, Rafael Rosende e Juan Manuel Fins na empresa PDPM de Martignano (Lecce)

Tamén aproveitan para facer turismo:

 

Premio de Innovación en FP

El IES Antón Losada Diéguez recibe un premio de innovación en la FP por un proyecto de diseño y desarrollo de kits imprimibles de robótica para competiciones escolares

  

 

farodevigo.es, 23-abril-2016

Fábrica de robots en A Estrada

Viaxe alumnado 4º ESO

Os alumnos e alumnas de 4º da ESO realizaron unha viaxe a Salou visitando tamén as cidades de Zaragoza e Barcelona.

 

O IES Antón Losada celebra o Dia da Muller cun espectáculo teatral.

O IES Antón Losada Diéguez da Estrada programa para este próximo 7 de marzo, en dentro da celebración das actividades arredor do día da Muller, a representación da obra de teatro PAN! PAN!a cargo do grupo santiagués A Panadaría (www.apanadaria.es). Trátase dun espectáculo teatral de primeiro nivel en Galicia, do cal achegamos información máis abaixo, levado adiante por unha compañía formada exclusivamente por mulleres, e que leva colleitado nestes dous últimos anos varios premios, así como un grande éxito de representacións e público.

A actividade comezará as 13:15 h e está destinada ao alumnado de 3º, 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato.

PAN!PAN! é unha parodia, con música vocal en directo, dos westerns americanos. Conta a historia de Harry, un cowboy que viaxa de Mississippi a Arkansas perseguindo a un indio salvaxe que roubou á súa muller, da que está profundamente namorado.

En escena, tres actrices constrúen 8 personaxes, 5 espazos e toda a música do espectáculo axudadas só por unha bandeira dos EEUU. A comedia fai unha caricatura dese mundo sen lei dos ranchos vaqueiros, as fedorentas cantinas e os desertos cheos de perigos. Como nunha película do Far West, haberá whisky, balas e country. Amor e vinganza a partes iguais!

Premios

- Premio da Crítica Galicia 2015

- Areta Bolado Mellor Actriz Secundaria nos Premios María Casares 2015

- Nominada a Mellor Música Orixinal nos Premios María Casares 2015

- Primeiro premio Xuventude Crea 2013

Creación e interpretación: Areta Bolado, Noelia Castro, Ailén Kendelman

Idea orixinal / texto: Areta Bolado

Música orixinal: Ailén Kendelman

Atrezzo: Isabel Mouzo

Iluminación: Montse Piñeiro

Fotografía: Pilar Abades

Deseño gráfico: Noelia Castro

RELACIÓN DE RESERVA DE PRAZAS E VACANTES PARA O CURSO 2016-2017

Reserva de prazas e vacantes para o curso 2016-2017

Niveis educativos: ESO e BACHARELATO