Inicio do curso 2017/18

 

O día 15 de setembro dará comezo o curso escolar 2017/18 

 

Na xornada inicial recibirase ó alumnado de xeito escalonado:

  • Ás 8:45 o alumnado de FP Básica e ESO
  • Ás 10:45 o alumnado de Ciclos de FP e Bacharelato

 

Unha vez rematadas as presentacións, incorporaránse no seu horario ordinario ata as 14:25

 

Os alumnos que utilicen o transporte escolar farán normal uso deste no seu horario habitual

Exames setembro 2017

 

Entrega de notas

A entrega de notas realizarase o mércores 6 de setembro as 10:00 polo tutor correspondente

 

Datas dos exames de setembro de 2017

Erasmus+ Curso 2016-17

FCT EN ITALIA:

Dous alumnos do Ciclo Medio de Sistemas microinformáticos e redes están realizando as prácticas en empresa (FCT) en Italia, na empresa INTERLINEA de Forlí. O período de prácticas comezou o 11 de abril e prolongarase ata o 21 de xuño. Contan cunha beca Erasmus +, do proxecto "Europa. Next Station: Improving Professional Skills in Galicia" que coordina a Consellería de Educación e no que o Instituto IES ANTÓN LOSADA participa como socio. 

 

 FCT EN PORTUGAL:

Dous alumnos de Formación Profesional Básica, de Servizos administrativos e de Automoción (Operacións auxiliares de mantemento de vehículos), realizaron parte das prácticas en empresas en Portugal, na empresa Auto Pontinha da Várzea de Barcelos e na Cámara Municipal de Barcelos.

Xuntáronse en Portugal con máis  alumnado de Galicia, que realizou tamén alí as prácticas, e con estudantes de outros países europeos. Contaron coa axuda da súa profesora de inglés, Pilar Gato, que os acompañou para realizar as xestións nas empresas e na residencia de estudantes. 

Daniel Carbia Pazos, na empresa Auto Pontinha da Várzea.

 

Eva Cimadevila Amboage no Museo da Olaria, dependente da Cámara Municipal de Barcelos.

Tamén houbo algo de tempo para o lecer.

 

 

 

Programa PIALE

Memoria e Blog sobre a experiencia en Canadá da profesora Lola Muiños co Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE).

Podedes acceder a estes contidos nas seguintes ligazóns:

Memoria PIALE Canadá 2016

Blog

O Coro do Losada ponse en marcha.

Gústache cantar?

Gustaríache cantar no Coro do Losada?

Anímate e participa.

CONCERTO DE SANTA ICÍA CON NASTASIA ZÜRCHER BEAT TRÍO

Hoxe, 22 de novembro de 2016, celebramos a Santa Icía, patrona da Música, cun concerto de Nastasia Zürcher Beat Trío. Gañadora do premio Martín Códax da Música no ano 2016 na categoría Bues & Funk & Soul (Galician Music Awards, 2016). En 2014 presenta o seu primeiro video, “Voar”, co cal obtivo o premio Á mellor artista e á mellor canción orixinal” no I Certame de canción de autor en galego. Esta canción forma parte do seu primeiro disco “My Flight”, estreado a fins de novembro de 2015 e sendo recoñecido en diferentes revistas culturais musicais. Un traballo feito con moito corazón, dende o corazón e para os corazóns... Enjoy!!!

Os cursos que participan no concerto didáctico son 3º e 4º da ESO e 1º de Bacharelato. Será en Usos Múltiples dende as 11.00 ata as 12.30 h

 

Viva a Música!!!

 

 

 

Deixo o enlace da súa páxina web para que poidades ver máis cousas sobre a súa biografía, audios, videos... http://www.nastasiazurcher.com/gl

 

 

 

 

Semana da Ciencia en Galego no IES Antón Losada Diéguez

 

Chega a sétima edición da Xornada pola Ciencia en Galego nos centros educativos do país. Xa non podemos contar coa magnífica organización que nos ofrecía a Coordinadora Galega de ENDL, xa que esta foi disolta recentemente. Sen embargo, grazas á colaboración de diversos Departamentos didácticos e do EDL Losada, poñemos en marcha a celebración cun programa que agardamos que sexa do agrado de todos e todas as participantes.
 
CELEBRACIÓN DO DÍA DA CIENCIA EN GALEGO
 
XOVES 3 DE NOVEMBRO
Salón de Actos
Experimentos científicos realizados polo alumnado de Bacharelato
De 10:45 a 11:35. Alumnado de 2º Bacharelato, 1º de ESO E 2º DE ESO
De 11:35 a 12:25. Alumnado de 1º Bacharelato, 3º de ESO e 4º de ESO
 
VENRES 4 DE NOVEMBRO
Zona da entrada do instituto.
1º e 2º recreo. Xogos matemáticos explicados polo alumnado.

 

TODA A SEMANA
Mostra de paneis divulgativos sobre personaxes da ciencia aos que se lle dedicou o DÍA DA CIENCIA EN GALEGO. Nos corredores do centro.

 

EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA, DEPARTAMENTOS DE BIOLOXÍA E XEOLOXÍA, FÍSICA E QUÍMICA E MATEMÁTICAS