Alumna do Losada seleccionada nun campus científico

A nosa alumna de 1º bacharelato, Sheila Carbia Tejo, foi seleccionadada entre máis de 4000 aspirantes para participar nun campus científico durante o mes de xullo na Universidade de Murcia (Campus Mare Nostrum). Sheila incorporarase ao proxecto Alimentos para una vida saludable con una visión científica do Departamento de Tecnoloxía dos Alimentos, Nutrición e Bromatoloxía desta universidade xunto a outros estudantes de toda España.

 

Estes campamentos están organizados pola Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología para fomentar o interese pola ciencia e iniciar aos alumnos de 4º ESO e Bacharelato no traballo científico; ademais, ao aloxarase nunha residencia universitaria,  achéganse á que será no futuro a súa vida de estudante.

Parabéns a Sheila e aos seus profesores!

 

Gran éxito do II Festival de Teatro Escolar da Estrada

O II Festival de Teatro Escolar da Estrada, organizado pola Aula de Teatro do IES Antón Losada Diéguez foi todo un éxito. 156 actores e actrices de catro Aulas de Teatro (Laxe, Palas de Rei, Touro e A Estrada) encheron de vida, fantasía e alegría as rúas da Estrada. Parabéns a todas e todos.

http://www.catrogatos.com/2014/05/derroche-de-fantasia-nas-ruas-da-estra...

http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2014/05/05/estrada...