Skip to Content

 Lamas de Castelo s/n - 15293 - Carnota (A Coruña) - ies.lamas.castelo@edu.xunta.gal - 881867200

Horario: de luns a venres de 8:40 a 14:10 - luns tarde de 16:20 a 18:00 - recreo de 11:10 a 11:40




Magosto 2023

A choiva permitiunos disfrutar un ano máis dos xogos tradicionais! 

 

Película e coloquio con Alba Prol sobre "A mestra da escola"

O mércores 4 de outubro recibimos no centro a Alba Prol, directora e guionista da película documental A mestra de escola. O encontro serviu para coñecer mellor como se ideou esta historia e como se fixo realidade, ademais de para aprender como mudou a profesión das mestras rurais ao longo do século XX.

A actividade organizouna o Departamento de Lingua Galega e Literatura e o EDLG para o alumnado de 3º e 4º e o profesorado que quixo sumarse.

A mestra da escola é un documental de xornalismo de investigación histórica e testemuñal sobre as mestras rurais e a historia da educación en Galicia. Dirixido por Alba Prol e producido por Meteórica Cine, está destinado a un público amplo e heteroxéneo, especialmente para a comunidade educativa e para o ámbito familiar. Contou coa colaboración do Museo Pedagóxico de Galicia e producido ao abeiro do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021-2022.

A AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes) e a Xunta incorporaron esta película ao Catálogo Educa Audiovisual para achegar o cine aos centros educativos e facer posible o encontro e o coloquio entre o alumnado e os creadores e creadoras das películas.

 

Información da reunión para as familias

Aquí tedes un pdf coa información tratada na reunión coas familias.

AdxuntoTamaño
Información da reunión coas familias 2023-24.pdf1.95 MB

INFORMACIÓN E-DIXGAL PARA AS FAMILIAS

Na seguinte ligazón poden consultar toda a información relativa ao programa EDIXGAL, co cal estamos a traballar neste centro.

https://espazoabalar.edu.xunta.gal/sites/default/files/pagina_basica/files/folleto_edixgal_23_24_0.pdf

ABERTO O PRAZO DE MATRÍCULA

O prazo de matrícula está aberto dende o día 23 de xuño ata o venres 7 de xullo. Poden realizar a matrícula na secretaría do centro cumprimentando a seguinte documentación:

Materiais curriculares para o curso 2023/2024

O próximo curso 2023/2024 todo o alumnado participará no proxecto E-Dixgal, polo que non haberá libros de texto.

Nas seguintes ligazóns poden consultar os materiais curriculares que precisa o alumnado en función do nivel que curse o próximo ano.

Aberto o prazo para as becas NEAE

Xa está aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

O prazo para solicitar estas axudas remata o vindeiro 20 de setembro de 2023.

Para máis información, premer na seguinte ligazón: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/deportivas/necesidad-especifica-apoyo-educativo.html

Distribuir contido


by Dr. Radut