Día da Poesía 2013
Un ano máis celebramos o Día da Poesía, coincidindo co Día de Rosalía de Castro e celebrámolo o luns 25 cun recital poético. A 4ª hora, despois do recreo, todo o alumnado recibirá na súa aula a distintas persoas que entren a recitar poemas. Se queres participar no recital aínda estás a tempo: ven á biblioteca escoller poema e incluímoste no circuíto! Anímate e axúdanos a darlle a esta actividade a cobertura que merece!
Se queres recordar como foi a actividade os anos pasados, preme aquí: 2012, 2011, 2010, 2009
Este ano celébranse os 150 anos de Cantares gallegos e moitos colectivos están a preparar actividades para homenaxear a Rosalía de Castro. Unha das actividades máis destacadas é a organizada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) que propuxo gravar todos os poemas de Cantares gallegos coa colaboración dos centros educativos e que, en breve, poderedes escoitar e ver nesta páxina.
Xa celebrado o recital podedes ver aquí a lista dos participantes e os poemas recitados. En breve, colgaremos un vídeo resumo da actividade.
Graciñas a todos por participar e seguide a gozar coa poesía!!!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Participantes e poemas2013.pdf | 63.56 KB |