Día da Poesía 2010

O mércores 24 de febreiro, coincidindo co 173 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, moitas persoas por Galicia adiante homenaxearon a Rosalía e leron este manifesto.

Nós aproveitamos esta data un ano máis para celebrarmos o Día da Poesía e organizamos un circuíto poético no que participou todo o centro.

Durante unha hora, todos os grupos e niveis estiveron traballando a poesía e recitando ou escoitando poemas. Son moitas as persoas que nos sorprenderon coas súas seleccións poéticas e nas súas voces escoitamos a palabra de autores de distintas épocas e linguas.

Por se perdestes algo, agora podedes consultar aquí:

 

Se queredes ver as fotos ou escoitar os poemas dos outros anos podedes facelo aquí: 

Recital poético do ano 2009

Día da Poesía do ano 2008: profes e alumnos na sección Efemérides /Datas destacadas.