No cadro seguinte móstranse as distintas ensinanzas que se poden cursar no centro:
ENSINANZA |
CURSOS |
||
Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O.) |
Primeiro |
||
Segundo |
|||
Terceiro |
|||
Cuarto |
|||
Bacharelato |
Ciencias e Tecnoloxía |
||
Humanidades e Ciencias Sociais |
|||
Educación de Adultos |
Formación inicial básica |
Nivel I |
|
Nivel II |
|||
Educación Secundaria |
|||
Programa Cuale |
Cuale-ESO |
Nivel A1 (3º E.S.O.) |
|
Nivel A2 (4º E.S.O.) |
|||
Nivel B1 (Bacharelato) |
|||
Nivel B2 (Bacharelato) |
A organización e estrutura da E.S.O. e Bacharelato ven lexislada polo DECRETO 156/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo da educación secundaria obrigatoria na Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G. Nº 183, 23-setembro-2022), e polo DECRETO 157/2022, do 15 de setembro, polo que se establecen a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia (D.O.G. Nº 183, 23-setembro-2022), respectivamente.
A oferta das distintas materias na E.S.O. ven dada pola seguinte táboa:
Educación Secundaria Obrigatoria (E.S.O.)
En canto ao Bacharelato, o centro ten a seguinte oferta:
Primeiro curso de Bacharelato
Segundo curso de Bacharelato
Referente ás ensinanzas de adultos estas están reguladas pola ORDE do 20 de marzo de 2018 pola que se regula a educación básica para as persoas adultas e se establece o seu currículo na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 12/04/2018). No noso ofértase a formación inicial básica e a educación secundaria para adultos. A formación básica inicial estrutúrase en dous niveis, o primeiro deles correspondente ás habilidades instrumentais da lecto-escritura e do cálculo matemático, e o segundo nivel, dirixido á consolidación desas habilidades e á preparación para o acceso á educación secundaria para persoas adultas. A educación secundaria para as persoas adultas estrutúrase tamén en dous niveis, con recoñecemento académico en todo o estado.
Por último, o centro tamén oferta ensinanza de idiomas (Inglés) para alumnos/as de 3º de E.S.O. (nivel A1) e 4º de E.S.O. (nivel A2) dentro do programa Cuale. Este tipo de ensinanza está regulada pola pola ORDE do 12 de maio de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de cursos para a formación complementaria en linguas estranxeiras do alumnado, CUALE, nos centros públicos integrados, institutos de educación secundaria e centros integrados de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG do 20/05/2011)..