Skip to Content

Contratos programa

IV Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero da Deputación

Alumnado de 2º de Bacharelato que cursa a materia de Literatura Galega do Século XX e Actualidade, titorizado polo profesor Xosé Seoane, gaña o IV Concurso de Guións contra a Violencia de Xénero que convoca a Área de Igualdade da Deputación da Coruña.

 

 

Material Audiovisual "Carlos Casares Letras Galegas 2017"

No desenvolvemento da Actuación Contratos Programa, Mellora do nivel de coñecementos para acadar a excelencia, o alumnado participante, coordinado polo profesor responsable da actuación,  Xosé Seoane Cao, elaborou o DVD "Carlos Casares Letras Galegas 2017". Rematado o traballo procederon ao envío á Fundación Carlos Casares.

Trasladamos o agarimoso agradecemento que a Fundación expresou a través do seu secretario. O material forma parte xa do arquivo audiovisual da Fundación e, en breve, estará dispoñible na páxina web. Ao mesmo tempo obsequiaron á biblioteca Luisa Villalta con novos fondos.

Parabéns a todos aqueles que participaron nesta iniciativa.

Distribuir contido


by Dr. Radut