Skip to Content

Probas de nivel lingüístico alumnado de 4º ESO e Bacharelato

Publicada a Resolución do 29 de setembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se regula a xestión de probas de acreditación de competencia lingüística en linguas estranxeiras para o alumnado que curse estudos en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o curso 2023/24

O obxectivo principal destas probas é acreditar a competencia en lingua estranxeira do alumnado, nos niveis de competencia B1, B2 ou C1, descritos no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas do Consello de Europa (MCERL).

As probas que realizará o alumnado serán do nivel B1, B2 ou C1 (segundo decida o alumnado coa orientación do seu profesorado de lingua estranxeira), e terá que ser unha das probas recollida no anexo da Orde do 21 de xuño de 2016 pola que se modifica a Orde do 18 de febreiro de 2011 pola que se establece o procedemento de acreditación de competencia en idiomas do profesorado para impartir nunha lingua estranxeira áreas, materias ou módulos non lingüísticos nos centros docentes públicos dependentes desta consellería, ou proba análoga que conte co mesmo recoñecemento internacional e siga os mesmos estándares de calidade.

As probas realizaranse durante o curso 2023/24

Unha vez publicada a resolución definitiva de centros seleccionados, se a dotación económica que recibe o centro educativo non fose suficiente para cubrir todas as demandas de alumnado interesado, os centros educativos seleccionarán o alumnado participante nestas probas segundo criterios transparentes, públicos e obxectivos dos que se informará ao claustro e que se aprobarán no consello escolar.

Cada alumno ou alumna poderá matricularse nunha única proba dunha lingua estranxeira, que será, preferentemente a que curse como primeira lingua estranxeira



page | by Dr. Radut