Orientación

CHARLA "NAVEGA CON RUMBO"

Enviado por admin o Xov, 12/02/2015 - 08:35
23/02/2015 12:45
23/02/2015 14:25
Etc/GMT+1

O día 23 de febreiro de 2015 teremos dúas charlas informativas impartidas por un enxeñeiro informático para explicarlles aos alumn@s a  utilización responsable e segura de internet.

Os alumnos de 1º e 2º da ESO asistirán en horario de 12,45 ata 13,35h.

Os alumnos de 3º e 4º ESO  asistirán en horario de 13,35 ata 14,25h.

( categories: )

TALLERES REXURDIR.PREVENCIÓN DROGODEPENDENCIAS

Enviado por admin o Mér, 21/01/2015 - 18:58
07/05/2015 11:55
07/05/2015 12:45
Etc/GMT+1

TALLERES REXURDIR DE PREVENCIÓN DAS  DROGODEPENDENCIAS.

 

1º ESO  (TITORÍAS: MÉRCORES 8:50-9:40)

DATAS: 4-11-18-25 de MARZO / 8 de ABRIL.

 

 

2º ESO (TITORÍAS: VENRES 9:40-10:30)

DATAS: 16-23-30 XANEIRO / 6-13  de FEBREIRO.

 

 

3º PDC  (XOVES 10:30-11:20 )

DATAS : 15-22-29 XANEIRO /12-19 de FEBREIRO.

 

 

3º ESO  ( TITORÍAS: XOVES 11:55- 12:45)

DATAS : 9-16-23-30 ABRIL / 7 de MAIO.

 

 

4º ESO (XOVES 9:40-10:30)

DATAS : 15-22-29 XANEIRO/ 12-19 de FEBREIRO.

( categories: )

CHARLAS SOBRE VIOLENCIA DE XÉNERO

Enviado por silvia o Lun, 15/12/2014 - 06:40
17/12/2014 11:55
Etc/GMT+1

Como parte do plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e como   reamate de tódalas actividades realizadas sobre este tema, esta semana teremos no IES dúas charlas sobre a Violencia de Xénero impartidas por membros da Garda Civil de Cangas. Unha delas terá lugar o mércores 17 para o alumnado de 1º e 2º de ESO e a outra será o xoves 18 para o alumnado de 3º e 4º de ESO.

( categories: )

TALLERES CIBERACOSO

Enviado por silvia o Mér, 19/11/2014 - 07:47
27/11/2014 09:40
Etc/GMT+1

TALLERES CIBERACOSO

O xoves 27 de Novembro levaranse a cabo no noso centro uns talleres sobre Ciberacoso para o alumnado de 1º e 2º da ESO. Serán impartidos polo pedagogo padronés Ramón Torrente.

( categories: )

"O SEGREDO DE UXIA"

Enviado por silvia o Mér, 19/11/2014 - 07:26
24/11/2014 16:30
Etc/GMT+1

O SEGREDO DE UXIA

O luns 24 de Novembro todo o alumnado do centro asistirá á representación da obra de teatro "O Segredo de Uxía", que terá lugar ás 16:30 no IES Johan Carballeira.

 

 

O espectáculo teatral formativo está escrito e dirixido polo pedagogo padronés Ramón Torrente.

 

A obra pretende concienciar á sociedade e sacar á luz os malos tratos e os abusos que sofren moitos nenos na súa infancia por parte dos proxenitores, "para aprender deste xeito dos erros e que non volvan nunca máis a ocorrer".  O segredo de Uxía, segundo explica Torrente García, a obra é unha "reformulación total" da estreada en Padrón o pasado ano, na que participaban nove actores. "Agora tan só son dous e ademais da temática que se expón, lánzase unha mensaxe positiva", di o seu autor, quen sinala que en O Segredo de Uxía, combináse ademais dos diálogos, música, coreografías, vídeos e "un compendio de distintas cousas que fan da obra, todo un espectáculo".

 

 

( categories: )

VISITA JOHAN CARBALLEIRA

Enviado por silvia o Mér, 11/06/2014 - 06:39
05/06/2014 10:30
Etc/GMT+1

 

O xoves 5 de Xuño o alumnado de 4º ESO do noso centro visitou, xunto co alumnado do CPR Virxe Milagrosa, o IES Johan Carballeira. Alí amosáronlles onde se ubicaban as aulas de Bacharaleto e a Biblioteca. Despois tiveron unha breve charla informativa sobre as modalidades de bacharelato que se imparten no IES.  Finalmente foron invitados polo centro a unha consumición na cafetería.

Sorte a tod@s na nova etapa que vos agarda.

 

 

 

 

( categories: )

VISITA IES DA ZONA

Enviado por silvia o Lun, 05/05/2014 - 06:09
28/04/2014 09:40
Etc/GMT+1

O luns 28 de abril o alumnado de 4º ESO visitou o IES Johan Carballeira. Coñeceron as instalacións dos Ciclos medios de Estética persoal decorativa; Peiteado e cosmética capilar; Xestión administrativa; Soldadura e caldeiraría.

O martes 29 de abril fomos ó IES de Rodeira e o IES A Paralaia; no primeiro deles  visitamos as instalacións do Ciclo medio de Instalacións de telecomunicacións e do Ciclo superior de Administración de sistemas informáticos en rede; e no segundo, coñecemos as talleres dos ciclos medios de Instalacións eléctricas e automáticas e de Mecanizado.

( categories: )

VIII CONCURSO DE VIÑETA E ILUSTRACIÓN "A IGUALDADE NO TRABALLO"

Enviado por silvia o Mar, 11/03/2014 - 06:58
08/03/2014 12:00
Etc/GMT+1

O pasado venres 7 de marzo foi a entrega de premios no Concello de Bueu aos traballos gañadores no concurso de viñeta e ilustración "A igualdade no traballo".

O 1º premio na categoría de 1º a 3º da ESO foi para a alumna Marta Vidal Patiño, matriculada en 2º ESO no noso centro.

 

Foto dos alumnos/as premiados dos diferentes centros educativos de Bueu.


 

 

( categories: )

IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Enviado por silvia o Mér, 19/02/2014 - 07:59
26/02/2014 00:30
27/02/2014 14:00
Etc/GMT+1

IV XORNADAS DE ORIENTACIÓN ACADÉMICA E PROFESIONAL

Os días 26 e 27 de Febreiro de 2014 celebraranse as "IV Xornadas de Orientación Académica e Profesional " dos Concellos de Cangas, Moaña, Bueu e Vilaboa, no Auditorio Municipal de Cangas.

 A presentación das mesmas terá lugar  o día 25 de Febreiro ás 19.00 no Salón de Plenos do Concello de Cangas.

Estas Xornadas están dirixidas ao alumnado de 4o da ESO, 1º e 2o de Bacharelato e alumnado interesado dos Ciclos Superiores de Formación Profesional.

As xornadas terán dúas partes. Unha primeira parte que será a que teña lugar no auditorio para o alumnado de Bacharelato e Ciclos de FP ; e unha segunda parte dirixida ao noso alumnado de 4ºESO que consistirá na visita aos IES mencionados para coñecer as súas instalacións e informarse dos estudos que se imparten. 

Adxuntase o programa:

https://drive.google.com/file/d/0B4oqZVB4o2qqejRiMWl5UXYwcFE/edit?usp=sharing

( categories: )

Charla "NAVEGA CON RUMBO"

Enviado por admin o Xov, 16/01/2014 - 09:28
27/01/2014 16:40
27/01/2014 17:40
Etc/GMT+1
O día 27 de Xaneiro terá lugar no salón de actos do centro unha charla informativa impartida por  Julio Mosquera,  técnico designado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática e a Xunta de Galicia para impartir  o seminario vinculado co Plan Navega con Rumbo, no que se trata de aportarlles aos alumnos, pais e profesores distintas pautas, conceptos e prácticas no emprego das novas tecnoloxías, e sobre todo no emprego da Internet, e tendo en conta os perigos e prácticas ilícitas existentes.
 

A charla dura aproximadamente 1 hora.

( categories: )
Distribuir contido