Skip to Content

Contratos Programa Innova

Micólogos expertos

O pasado venres o alumnado de 1° da ESO analizou os principais fungos presentes nas zonas verdes do centro. Son micólogos expertos!

Palitroques

O pasado 1 de febreiro o alumnado do IES Illa de Sarón tiveron a visita do arquitecto Víctor González, creador do recurso Palitroques un taller de aruqitectura e xeometría aplicada baseado nun sistema de constructiva de barras e unións para crear estruturas. 

Palitroques

Santa Claus vs O Apalpador

O departamento de inglés xunto co departamento de galego propuxo ao alumnado de 2º da ESO facer un traballo de investigación no que os alumnos tiñan que comparar as figuras de Santa Claus e O Apalpador dentro da cultura inglesa e a cultura galega. Os rapaces fixeron un mural onde reflexaron as similitudes e diferencias das dúas figuras, e incluso crearon debuxos relacionados con ditos personaxes.

Entrega de premios do concurso de enigmas 2024

Concurso enigmas

Durante a primeira avaliación deste curso desenvolveuse no centro o VIII Concurso de Enigmas do IES Illa de Sarón. Os gañadores recibiron os seus premios nun acto que se levou a cabo na Bilioteca do centro. Noraboa, non hai enigma que se vos resista!!!!

Proxectos de investigación en inglés.

O departamento de inglés propuxo ao alumnado de 2º, 3º e 4º da ESO facer un proxecto de investigación no que os alumnos tiñan que investigar e expoñer un tema relacionado coa cultura inglesa. En cada curso deuselles diversas opcións e eles tiñan que escoller un.

Nesta primeira avaliación, os alumnos falaron dos seguintes temas:

 

2º ESO

  • A time capsule
  • Art and design

 

3º ESO

  • Hobbies and fun time.
  • Travel around the world

 

4º ESO

  • Blogs
  • Money and business

Halloween vs Samaín

Halloween

O departamento de inglés xunto co departamento de galego propuxo ao alumnado de 2º da ESO facer un traballo de investigación no que os alumnos tiñan que comparar as festividades de Halloween e Samaín dentro da cultura inglesa e a cultura galega. Os rapaces fixeron un mural onde reflexaron as similitudes e diferencias das dúas festividades, e incluso crearon debuxos relacionados con ditas festividades.

CP Innova

CP Innova

Para celebrar o fin de curso cun 100% de aprobados en mates sin facer ningunha recuperación, o alumnado de 2° ESO está a disfrutar dun taller de papiroflexia no que todo o alumnado participou de moi boa gana.

A papiroflexia fomenta a imaxinación, a visión espacial e a motricidade fina, ademáis das ganas de xogar e de compartir ideas cos compañeiros e compañeiras.

Aquí vos deixamos algunhas das súas creacións!!

CP Innova: Concurso fotográfico "As mates están aí!"

Un ano máis, o departamento de matemáticas organizou o concurso fotográfico As Mates Están Aí. Realizamos unha exposición cos traballos recibidos. Aquí vos deixamos unha mostra das fotos entregadas.

Temos que felicitar aos gañadores desta edición do concurso fotográfico.

Na categoría de 1° e 2° ESO:
       Samuel Cociña

Na categoría de 3° e 4° ESO:
       Enma Buján

Parabéns aos gañadores!!

CP Innova: Cidade xeométrica

Nesta avaliación, o alumnado de 1° ESO estivo a traballar os corpos xeométricos, os seus nomes, compoñentes e desenvolvementos planos. Como resultado deste proxecto, construiron unha cidade empregando figuras xeométricas.

Aquí tedes algunhas fotiños.

Distribuir contido


by Dr. Radut