Os alumnos do noso Centro, xunto cos alumnos do I.E.S. Marqués de Sargadelos de San Cibrao celebraron a Semana da Ciencia en Galego cunha divulgación sobre Darwin: xuntámonos no salón de actos da Casa da Cultura de San Cibrao para ver a obra de divulgación científica “Discurshow Matarratos Darwin”, posta en escena polo científico Xurxo Mariño e o actor Vicente de Souza.
Trátase dunha representación multimedia que engaiola a pequenos e grades para aprender cousas da ciencia pasándoo ben. A través de imaxes, sons, representación teatral e discurso contan a aventura do Beagle, da súa tripulación, dos indíxenas e do científico naturalista Darwin de como chega ás conclusións para establecer a teoría da evolución das especies.
É unha impresionante posta en escena cun contido didáctico e motivador que fai que os alumnos participen e aprendan de forma lúdica contidos académicos fundamentais para entender o mundo no que vivimos.
O martes 1 de marzo as 12 horas tivo lugar, para los alumnos de S.M.E.R., unha CHARLA INFORMATIVA sobre os RISCOS DE INTERNET impartida polos responsables do PLAN DIRECTOR DA CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE ESCOLAR.