Skip to Content

CURSO 2010-2011

CELEBRACIÓN DO HALLOWEEN E O SAMAÍN

O venres 5 de novembro os alumnos de 4º organizaron o festival de Halloween e Samaín para recadar cartos para a viaxe de fin de curso: DESFILE-CONCURSO DE DISFRACES, CONTACONTOS, XOGOS E CONCURSO DE CABAZAS foron as actividades levadas a cabo.

PROGRAMA DE APERTURA DO CENTRO FÓRA DO HORARIO LECTIVO

Dentro do PROGRAMA DE APERTURA FORA DO HORARIO LECTIVO organizado polo Concello de Xove, en colaboración co Centro, desenvolveranse as seguintes actividades:

“ COÑÉCETE: ESPECIAL TEST”

27 DE OUTUBRO3, 10, 17 E 24 DE NOVEMBRO    MÉRCORES DAS 18:30 ÁS 20:30 HORAS

 

“ MATEMÁTICAS NA REDE”

27 OUTUBRO3, 10, 17 E 24 DE NOVEMBRO1 E 15 DE DECEMBRO MÉRCORES DAS 17:15 ÁS 18:30 HORAS

 

   

PROXECTO ENCONTROS

O pasado mércores, día 20 de outubro, tivo lugar a actividade RECOLLIDA DE FROITAS E ELABORACIÓN DE PRATOS TÍPICOS dentro do Proxecto ENCONTROS. 19 alumnos do Centro participaron nesta actividade acompañados por un grupo de persoas da Escola de Maiores, voluntarios, a Traballadora Social, a Educadora Familiar e a Concelleira de Servizos Sociais. Durante tres horas aprenderon a elaborar pratos con froitos de tempada: tarta de mazá. mazás asadas, mermelada e coñeceron os pasos a seguir na elaboración do mermelo, do cabelo de anxo...

"A MARIÑA EN BAIXAMAR": PRESENTACIÓN DO LIBRO

O mércores 20 de outubro ás 12 horas os alumnos de 4º da E.S.O. e profesorado do Centro asistiron, invitados pola FUNDACIÓN ALCOA,  á presentación do libro A MARIÑA EN BAIXAMAR,  guía divulgativa sobre o ecosistema marino da Mariña que recolle os resultados medioambientais realizados no ano 2007 pola Universidade de A Coruña e o traballo de campo dos profesores e alumnos dos I.E.S. Illa de Sarón e Marqués de Sargadelos.

CONCERTO DIDÁCTICO DA ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA DE XOVE

O venres 24 de setembro ás 12 horas, os alumnos do centro asistiron a un Concerto Didáctico organizado pola Escola Municipal de Música de Xove. Os alumnos escoitaron diversas pezas musicais interpretadas con  instrumentos de corda coma violín, violonchelo, viola, contrabaixo, guitarra, etc, e instrumentos de vento coma a frauta, clarinete, óboe,..

XORNADA DE BOLOS

O Concello de Xove coa colaboración de Xabi Bouza, profesor do Departamento de Educación Física do Centro, organizou unhas xornadas para promocionar o tradicional deporte dos bolos entre os alumnos do noso instituto. Polas Xornadas pasaron tódolos alumnos/as do I.E.S. e nas mesmas se lles explicou os fundamentos  deste xogo autóctono e todos tiveron, asimesmo, a oportunidade de xogar.

Distribuir contido


by Dr. Radut