Skip to Content

PLAN NAVEGA CON RUMBO

Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia (CPEIG)

Nos fogares e nos centros educativos a Internet converteuse nunha ferramenta imprescindible para o lecer e a aprendizaxe, pero tamén supón unha serie de riscos como contidos inapropiados ou contactar con persoas que non son sempre o que din ser.

Na seguinte páxina www.navegaconrumbo.es pódense descargar unhas guías de boas prácticas dirixidas ao alumnado,  profesorado e familias que ensinan a navegar por Internet dun xeito útil e responsable.

AXUDAS PARA O ESTUDO DE LINGUAS ESTRANXEIRAS

Orde do 13 marzo pola que se convocan axudas para a formación en linguas extranxeiras para o alumnado de ESO e Bacharelato. Consulta aquí toda a información.

A Fenda nos Muros. Graffiti de Rosalía

Por iniciativa da AELG (Asociación de Escritores en Lingua Galega) este ano conmemorouse o Día de Rosalía de Castro (24 de febreiro) cunha actividade dirixida aos centros educativos e titulada Graffiti Rosalía. A fenda nos muros. No noso centro o equipo de Normalización xunto co Departamento de Plástica organizou un concurso de deseño de graffitis  e tras seleccionar un  dos debuxos, buscamos entre o alumnado os mellores graffiteiros, atopámolos en 2º de ESO e 2º de PCPI. A proposta gañadora hoxe decora os muros do pavillón do centro, un espazo ben visible para tod@s. 

Tamén podedes ver o vídeo de como se fixo. 


Concurso de robótica

O alumnado de 4º de ESO e do Ciclo Medio de Sistemas Microinformáticos e Redes participou o día 12 de Febreiro no VI Concurso de Robótica organizado por Igaciencia e celebrado  na sede da Fundación Pedro Barrié  en Coruña.

Pola mañá os alumnos/as participantes  no concurso e os alumnos/as de 1 º PCPI visitaron a Casa das Ciencias. 

ucerecedo's Robotica 2014 album on Photobucket

Festival de Nadal 2013

Revista Ollos de aula

Novo número da revista Ollos de aula editada pola Coordinadora Galega de Equipos  de Normalización Lingüística.

Literatura Oral

CHARLA-CONFERENCIA: " O CERN, O LHC E A FÍSICA DE PARTICULAS

O luns dia 20 de Xaneiro os Departamentos de Ciencias e Tecnoloxía do IEs Illa de Sarón organizan unha charla divulgativa  co título: O CERN, O LHC e FISICA DE PARTICULAS. 

O ponente é Ramón Cid Manzano, catedrático de Fisica do IES de SAR e Profesor na Facultade de Ciencias da Educación (USC). Autor de multiples artigos de caracter científico e de varios sitios web.  

Na páxina web:  www.lhc-closer.es pódese atopar mais información sobre a temática da charla.

HORARIO: 16:45 - 18:00 

SALÓN DE ACTOS DO CONCELLO DE XOVE

ALUMNADO DE 3º E 4º DE ESO  

COMEZO DAS CLASES O DÍA 9 DE XANEIRO

Despois dos estragos do temporal, empezaremos as clases o dia 9 de Xaneiro en horario habitual, como estaba previsto. 

Felicitación de Nadal

Distribuir contido


by Dr. Radut