Skip to Content

Presentación Curso 2020/2021

Prezadas familias:
Neste momento resulta bastante complicado organizar o comezo do curso cando dende a administración cada día dan informacións contraditorias.

Cada día recibimos no instituto moitas chamadas preguntando polo inicio de curso e non temos unha resposta clara como nos gustaría dar.

Nós tratamos de non publicar nada antes de estar seguros, pero tamén entendemos as inquedanzas que este ano pode levantar en toda a comunidade educativa.

Neste momento publicamosa segunda versión do calendario de inicio de curso e pregamos paciencia e comprensión polos futuros cambios que poida haber.

A todas estas dificultades engadimos que neste momento temos o profesorado sen nomear, o que complica máis toda a organización.

Este calendario será válido mentres non se publique outro.

Calendario e horarios de presentacións:



page | by Dr. Radut