O Equipo Novas de Sarón logrou un dos tres grandes premios do Concurso Escola de Prensa, do diario El Progreso.
Obtivemos o PREMIO MELLOR PERIÓDICO NA CATEGORÍA ALUMNADO 3º-4º ESO e o PREMIO Á MELLOR ILUSTRACIÓN/INFOGRAFÍA.
O martes 19 de xuño acudimos á sede do diario El progreso no Polígono do Ceao para asistir á gala de entrega de premios e presenciar a impresión do noso xornal nas rotativas do diario.
Hoxe saímos en prensa...