Skip to Content

Obradoiro de Supervivencia Doméstica

Obradoiro Supervivencia

Pulsa sobre a Imaxe para ver a Galería de Imaxes do Obradoiro.

O Venres 15 de maio celebrouse no Centro o Obradoiro de Supervivencia Doméstica. Consistiu nunha presentación na que o alumnado opinou sobre os contidos aportados, para logo debatir sobre os seus costumes sociais con respecto as tarefas domésticas, habitos alimenticios, etc.

As tres horas seguintes foron máis prácticas. Tiveron lugar nunha cociña ubicada na Sala de Xogos do Centro, na que os rapaces e as rapazas elaboraron un menú de tres pratos: primeiro, segundo e postre, como si fosen adolescentes "parcialmente" emancipados, concienciándose da dificultade de conciliar a vida familiar e laboral. Eiquí traballaron en grupo, e encargáronse cada un deles de organizar, elaborar, presentar, degustar, recoller e limpar cada unha das receitas propostas.

O obxectivo deste obradoior foi axudar a fomentar a autonomía personal dos adolescentes no fogar. Que saiban preparar os pratos, face-la compra ou a limpeza. Outra finalidade de este obradoiro foi promove-la igualdade entre os sexos nestas tarefas.

As sesións incluiron elaboración de receitas de cociña (que logo tamén degustaron), nocións de organización e hixiene. O obradoiro, gratuito, incluíu información tanto teórica como práctica.



story | by Dr. Radut